|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 27 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Enerxías renovables |
O alcalde de Cedeira, o socialista José Luís Vergara, sempre se mostrou
partidario de favorecer o entendemento entre administracións locais e
universidades galegas por entender que ambas as partes poden lucrarse
dunha relación actualmente de-saprovechada. Neste punto convén lembrar
que, aínda que actualmente en excedencia, o rexedor municipal
cedeirense dedícase ao ensino. Pois ben esa, visión académica do día a
día dunha administración levou ao consistorio de Cedeira a pechar un
acordo coa Universidade de Santiago de Compostela, máis concretamente
coa decana da Facultade de Física, Ángeles López, polo que un grupo de
universitarios achegarán os seus coñecementos no campo das enerxías
renovables e o concello, pola súa banda, beneficiarase dos mesmos a
nivel práctico.
A idea, tal e como explicou a diario de Ferrol a decana Ángeles López,
pasa por analizar desde as necesidades até o aproveitamento enerxético
que xeran os lixos para, unha vez coñecidos os resultados, arbitrar as
medidas que sexan máis rendibles e útiles á hora de pór os elementos
naturais -tal e como poden ser o caso do sol ou do vento- a funcionar
en beneficio dun importante consumo de enerxía. O traballo de campo
arrincará en cuestión de días e o mesmo formará parte da experiencia
académica que inician os corenta alumnos do máster de Enerxías
Renovables que, este ano, chega á súa terceira edición. A tarefa non é
complicada, pero si ardua. Os resultados, unha vez analizados os proles
e os contras, as posibilidades, necesidades e servizos, unificarán os
intereses de ambas as partes no relativo a optimizar os recursos,
apostar polo uso das enerxías renovables e, no caso de Concello, tamén
dar un paso máis no sentido de xestionar os residuos para garantir a
reutilización dos mesmos. O balance final será clave, non só para a
materialización do proxecto noutros municipios limítrofes, como poden
ser o caso do de Agarimo e Ortigueira- que xa dixeron que si- senón
tamén para exportar a vivencia a un conxunto de oito países
suramericanos. Arxentina, Bolivia, Chile, Perú, Cuba, Brasil e Colombia
darán lugar a un total de 12 proxectos de similares características ao
quearrancará en Cedeira. Esta proxección internacional ha levado á
Universidade a chamar á porta do Ministerio de Asuntos Exteriores para
buscar financiamento. Coa que xa se conta é coa axuda de 300.000 euros
que chegará da man de Medio Ambiente. Esta implicación vén dada polas
consecuencias que o proxecto terá no medio ambiente e no aproveitamento
dos recursos.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Enerxías renovables" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|