|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 54 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Cetareas |
Non fai nin unha semana que Diario de Ferrol daba a coñecer o visto e
prace do Ministerio de Medio Ambiente ao proxecto de rehabilitación da
antiga cetaria de Ou Sarrical proposto pola Demarcación de Costas en
Galicia. Pois ben, onte técnicos da Demarcación, de Patrimonio e do
propio Concello de Cedeira entraban en contacto cunha instalación que
se recuperará coa intención de facer da mesma unha referencia máis da
promoción turística dun territorio que sempre viviu de face ao mar.
Como resultado desta primeira inspección, no entanto, xa se produciron
os primeiros resultados, algúns deles sorprendentes. Así, desde de
Patrimonio vetouse a posibilidade de intervir nos espazos que rodean a
cetaria, tendo en conta que no seu día a construción da mesma invadiu
un antigo castro.
A zona, de feito, é coñecida como ?Campo do castro?. Os representantes
de Patrimonio tamén se mostraron partidarios de conservar, se non todo,
a maior parte de arquitectura que aínda segue en pé, mesmo as columnas
de formigón que, construídas ao redor dos anos 40, seguen inalterables
a pesar do tempo transcorrido e do azoute das mareas. Por outra banda,
aconsellaron a talla das árbores que actualmente rodean a construción,
a fin de acabar coa erosión que as raíces poden estar a ocasionar no
terreo.
Como no seu día xa adiantou este diario, o alcalde de Cedeira, José
Luís Vergara, ten a intención de darlle un uso público a unha
construción que, aínda que deixa constancia dun pasado, tamén pode
converterse no exemplo máis práctico do futuro da pesca. Neste sentido,
cabe lembrar que a ría de Cedeira acolle unha das experiencias da
reserva mariña.
Esta primeira toma de contacto traducirase nos próximos meses no
proxecto que dará lugar a unha obra que o Ministerio de Medio Ambiente
está disposto a financiar na súa totalidade. A intervención proposta,
no entanto, aínda terá que ser supervisada, por segunda vez, por
Patrimonio da Xunta. Por conseguinte, desde a Demarcación de Costas en
Galicia non se considera probable que o desenvolvemento da intervención
poida dar comezo antes do próximo ano.
Ao longo da costa de Cedeira localízase un conxunto de tres cetarias. A
recuperación que o goberno cedeirense prevé facer extensible a todas
elas comezará, no entanto, na que se localiza na zona de Ou Sarridal, a
escasos metros dos accesos tamén construídos por Costas para mellorar a
baixada á praia situada neste punto do litoral cedeirense.
Por outra banda, o rexedor municipal aproveitou a presenza dos técnicos
de Costas en Cedeira para solicitar a súa opinión con respecto á
posibilidade de construír un paseo fluvial entre pontes. Trataríase,
segundo o alcalde, de crear unha nova infraestrutura pensada para o
lecer e goce de veciños e visitantes, ademais de representar unha forma
moi asumible para a recuperación ambiental dunha zona bastante
degradada.
Os expertos do Ministerio, polo de súpeto, viron bastante aceptable e
asumible a petición exposta onte polo primeiro edil do Concello de
Cedeira.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Cetareas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|