NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 40 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A falta de ingresos dos concellos

PHP-NukeOs efectos da crise económica tamén se fan notar nos consistorios. As administracións locais, que en moitos concellos do rural son o principal axente de emprego, ven como se reducen os ingresos por impostos locais (licenzas urbanísticas,  IBI...).

O goberno estatal, como principal recadador de impostos, segue a ser a administración que máis fondos directos achega aos concellos. Mais o executivo español xa restrinxiu este tipo de ingresos no presente ano e xa ten previsto facelo outra vez para os orzamentos de 2010.

Un exemplo da preocupación que existe a nivel local é unha das últimas decisións da Deputación da Coruña. O organismo provincial quere que no Plan de Obras e Servizos de 2010 se inclúan partidas para gastos correntes (que son, principalmente, os de persoal). A novidade débese á necesidade de inxectarlle liquidez a algúns concellos que están a facer as contas para poder manter todo o persoal temporal. En total repartiranse 24 millóns de euros entre o perto dun cento de municipios que hai na provincia.

O maná das subvencións
Alcaldes consultados por Vieiros recoñecen que existe a preocupación e que dan por feito que é posíbel que teñan que reducir nos vindeiros meses persoal temporal que está vinculado a determinadas subvencións que chegan dende outras administracións superiores. Coa boca pequena, algún rexedor recoñece que á preocupación polos recortes orzamentarios tamén se suma que sexa precisamente en 2010, un ano antes dos comicios locais.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A falta de ingresos dos concellos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos