|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 40 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Substituirán os servizos de Sogama |
Os concellos de Cedeira e Ortigueira xa dispoñen de empresas que se
farán cargo dos servizos que ata agora prestaba a autonómica Sogama.
Tras o anuncio de que se suspendería a recollida de voluminosos, o
goberno local de Cedeira adxudicou a outra empresa a xestión deste tipo
de residuos. Segundo explica o rexedor socialista, José Luis Vergara,
atópase en funcionamento desde comezos de agosto. Aínda así, explica o
alcalde socialista, «presentamos unha moción, pois non estamos a favor
da decisión da Xunta».
O Concello de Ortigueira, pola súa banda, dispuxo nos últimos anos das
instalacións dun punto limpo para o depósito de voluminosos. Con todo,
tras o seu recente desmantelamento por mor das obras da variante,
habilitouse no polígono de Cuíña un punto provisional de almacenamento.
El Concello, gobernado polo PP, contratou o pasado mes de febreiro,
segundo fontes municipais, a un xestor autorizado a retirada dos
residuos que se almacenan nesta zona.
Un prego detallado
Aclaran
desde o municipio que o prego recolle que ao adxudicatario
correspóndelle o transporte e a xestión dos residuos recibidos.
Detalla, ademais, que tanto esta como a entidade receptora dos mesmos
teñen que ser xestores autorizados, segundo o disposto na normativa
autonómica de residuos.Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Substituirán os servizos de Sogama" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|