AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 55 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Pesca destina axudas ás mariscadoras a pé

PHP-NukeA Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 18 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para o acceso a axudas asistenciais dos mariscadores e mariscadoras a pé co obxectivo de que os beneficiarios poidan acceder a unha pensión de xubilación digna. Esta medida está dirixida a aqueles profesionais que no seu día non se deron de alta no Réxime Especial do Mar por contar cunha resolución xudicial que os eximía desta obriga, pero que na actualidade sí están dados de alta pero non *****pren os períodos mínimos de cotización para dispor dunha pensión de xubilación. Deste xeito, poderán acceder a estas subvencións aqueles mariscadores a pé que teñan *****pridos os 65 anos a partires do 1 de xaneiro de 2009 ou que os *****pran ao longo deste ano; que na data na que acaden os 65 anos estean autorizados para o exercicio do marisqueo a pé; e que se atopen dados de alta no Réxime Especial do Mar no momento de presentar a súa solicitude. Ademais, deberán contar cunha resolución xudicial que os eximía da obriga de darse de alta no Réxime Especial do Mar; non deberán ter acceso a unha pensión de xubilación por falta de anos de cotización á Seguridade Social; e non poderán terse acollido ás ordes da Consellería de Pesca polas que se regulan as axudas para que os mariscadores a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización por non *****prir os requisitos establecidos nelas.

A maiores das obrigas anteriores, os beneficiarios deberán ter exercido a actividade marisqueira a pé antes da publicación desta Orde; acreditar que están ao día nas súas obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración; e non percibir ningunha outra axuda para a mesma finalidade nin pensión de xubilación ou incapacidade permanente. Os mariscadores e mariscadoras que se beneficien desta medida percibirán unha axuda asistencial máxima de 6.300 euros nun só pagamento anual, se ben aquelas persoas que *****pran os 65 anos ao longo deste exercicio recibirán unha contía minorada en doceavas partes. Neste punto cabe sinalar que o orzamento dispoñible para esta actuación en 2009 ascende a 90.000 euros que se financiarán con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partires de mañá e estas poderán entregarse na oficina do rexistro único e información da Xunta de Galicia ou nalgún dos seus rexistros auxiliares, así como nos demais lugares previstos pola normativa vixente. As peticións formalizaranse a través dos correspondentes impresos oficiais e deberán acompañarse, entre outros do*****entos, dun informe de vida laboral, dunha declaración de non ser beneficiario doutras axudas para a mesma finalidade nin de pensión de xubilación ou incapacidade permanente e da certificación acreditativa da alta no Réxime Especial do Mar.

Melloras sociais


A Orde do 18 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para o acceso a axudas asistenciais dos mariscadores e mariscadoras a pé inclúese nas melloras sociais postas en marcha polo departamento que dirixe Carmen Gallego e entre as que tamén se atopan o seguro de mal tempo ou a ampliación da póliza de seguro colectivo de accidentes no mar aos inmigrantes enrolados en pesqueiros con porto base en Galicia. Neste apartado tamén se atopan as axudas para que os mariscadores e mariscadoras a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización para dispor dunha pensión de xubilación que a Consellería de Pesca vén aplicando dende o ano 2007. No entanto, existe un colectivo con permiso de explotación en vigor que non puido acceder ás convocatorias desas subvencións por non *****prir os requisitos esixidos nas mesmas e, ademais, aínda que agora está dado de alta no Réxime Especial do Mar non reúne os períodos necesarios de cotización. É por esta razón que a Administración pesqueira galega decidiu establecer unha medida para que estes profesionais do mar dispoñan dos recursos necesarios para poder subsistir unha vez finalicen a súa actividade profesional.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Pesca destina axudas ás mariscadoras a pé" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos