- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 33 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Grupos de Acción Costeira

PHP-NukeA Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos está a traballar na revisión dos Plans Estratéxicos Zonais (PEZ) de cada un dos Grupos de Acción Costeira (GACs) que se constituíron no litoral galego. Deste xeito, estanse a ultimar os trámites para que estas agrupacións poidan comezar a traballar e a desenvolver os seus proxectos coa achega económica correspondente por parte do departamento de Pesca. A día de hoxe están constituídos os grupos das sete zonas pesqueiras nas que se dividiron os concellos galegos do litoral e que son a Zona 1 Mariña lucense e Ortegal, Zona 2 Golfo Ártabro, Zona 3 Costa da Morte, Zona 4 Seo de Fisterra-Muros e Noia, Zona 5 Ría de Arousa, Zona 6 Ría de Pontevedra e Zona 7 Ría de Vigo-A Guarda. Estas agrupacións están formadas por entidades do sector pesqueiro, do social, do económico e do sector público, aínda que lle corresponde ao sector pesqueiro o 50 por cento do peso nos órganos de Goberno do grupo.Todos eles presentaron en prazo diante da Consellería o Plan Estratéxico Zonal no que se concretan as actuacións, actividades e medidas a desenvolver nos próximos anos.

O departamento que dirixe Carmen Gallego publicou o pasado 28 de xullo de 2008 no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para a selección de asociacións para outorgarlles o recoñecemento de entidade colaboradora da Consellería de Pesca baixo a denominación do Grupo de Acción Costeira (GAC), así como para fixar o contido mínimo do Plan Estratéxico Zonal (PEZ). Esta medida que pon en marcha a Administración galega enmárcase no Eixo prioritario nº 4 do Fondo Europeo da Pesca (FEP 2007-2013), referido ao “Desenvolvemento sostible das zonas de pesca”. Trátase dunha iniciativa pioneira para a que Pesca disporá dun orzamento de 40 millóns de euros ata 2013. Ten por obxectivo principal estimular a creación de novas fontes de ingresos sostibles para incrementar de xeito apreciable a calidade de vida nas comunidades e zonas pesqueiras. Para este fin, resulta indispensable proporcionar as ferramentas necesarias a aqueles axentes económicos e sociais que mellor comprenden os problemas e retos das comunidades costeiras para tentar adoptar as solucións ás súas demandas reais.

Pesca remite do*****entación á Fiscalía


Por outra parte, Pesca trasladou á Fiscalía un escrito no que se denuncian irregularidades no acordo adoptado pola asemblea dunha das asociacións que conforman o Grupo de Acción Costeira da Zona 3 (Costa da Morte). Este escrito foi recibido pola Administración pesqueira galega e nel ponse en entredito a validez dos acordos adoptados pola devandita asociación.
Paralelamente, a Consellería está a revisar toda a do*****entación pertencente a este grupo por si se puidera constatar a existencia de situacións semellantes á denunciada no escrito citado e que puideran dar lugar tamén ao seu traslado ao Ministerio Fiscal.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Grupos de Acción Costeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos