NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 46 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística estrea pá

PHP-NukeA Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ven de pór en servizo a súa páxina web, á que se pode acceder tanto a través da dirección www.axenciaurbanistica.es como a través da páxina da CPTOPT, www.cptopt.xunta.es A Axencia é un ente consorciado do que forman parte a Xunta de Galicia e os concellos que libremente se adhiran a ela. O seu cometido é a vixilancia do territorio para velar pola utilización racional do solo, a ordenación do territorio especialmente na zona rural e a inspección de áreas sensibles como o litoral na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre. A páxina web da APLU, que xa está dispoñible, dispón de apartados de información xeral sobre a propia axencia así como espazos concretos orientados tanto á cidadanía como aos concellos. Nela se informa das competencias e estrutura da axencia e se recolle a lexislación tanto estatal como autonómica que é de aplicación en materia urbanística. Para os cidadáns, a web inclúe un apartado no que calquera persoa interesada poderá descargar os impresos necesarios para denunciar as presuntas infraccións urbanísticas das que teña coñecemento. Isto facilitará que a cidadanía poida exercer a acción pública que se establece tanto na Lei do Solo autonómica como na estatal. Tamén estarán dispoñibles os impresos necesarios para solicitar autorizacións para obras, instalacións ou usos na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre. A páxina web continuarase mellorando coa incorporación progresiva doutros impresos que faciliten a relación entre o cidadá e a Administración.

Pola súa banda, cara aos concellos, a web contempla un apartado no que se incorporarán os convenios de adhesión que se asinen con cada municipio que decida adherirse á APLU.

 Funcións e adhesión dos concellos


Á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística correspóndelle, entre outras competencias, a inspección e vixilancia urbanística sobre os actos de edificación e uso de solo; a adopción das medidas cautelares previstas na lei do Solo; a instrución dos expedientes de reposición da legalidade e dos expedientes sancionadores por infraccións urbanísticas; o asesoramento e asistencia ás Administracións Públicas e as competencias de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística que os municipios integrados voluntariamente na Axencia deleguen na mesma. Os estatutos da Axencia establecen que serán membros da Axencia a Xunta de Galicia e aqueles concellos que voluntariamente se integren nela nos termos e condicións establecidos. A incorporación por parte dos concellos interesados realízase a través dun convenio de adhesión previamente aprobado polo correspondente Pleno da Corporación e polo Consello da Xunta e que agora poden descargar directamente da nova web.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística estrea pá" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos