|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 54 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Excover compra a construtora Bardera |
O grupo catalán Excover adquiriu unha participación maioritaria na
construtora ferrolá Bardera, firma que, xunto con Acciona, executa
actualmente a segunda fase do porto exterior, ademais doutras obras
marítimas na comarca. A venda da empresa ferrolá adscríbese ao momento
de recesión que atravesa a economía española e, moi especialmente, o
sector do ladrillo, e ás dificultades para atopar liquidez coa que
financiar os proxectos en curso.
Bardera é unha empresa fundada no 2000 e dirixida por Guillermo
Beceiro. Está especializada na realización de obras marítimas, aínda
que tamén leva a cabo todo tipo de obras civís, non só en Galicia,
senón tamén en diferentes puntos da cornixa cantábrica, Andalucía e o
Levante español, entre outros.
Nun comunicado colgado na súa páxina web e datado a finais do pasado
outubro, Excover asegura que a adquisición da participación maioritaria
en Bardera leva a cabo «co fin de aumentar a competitividade da empresa
e facer fronte ás esixencias actuais do mercado». Para o grupo catalán,
creado en 1985, a compra da firma ferrolá repórtalle a posibilidade de
crecemento e sustentabilidade no mercado. Ademais, subliña a
complementariedad das dúas compañías, «tanto nos aspectos sectoriais
como xeográficos».
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Excover compra a construtora Bardera" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|