- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PIMPINELA - por Vicente Araguas

ColaboradoresLogo do acto na Serra de A Capelada, cheo de pompa e circunstancia (incluíndo a presencia do ministro conselleiro do Reino Unido, un señor de Aberdeen), do que informou moi ben este xornal a través de Lorena Romero, que alí estaba pasando o mesmo frío que os demais presentes, fumos ao Auditorio cedeirés ver “Pimpinela Smith”, unha película protagonizada, dirixida e producida polo propio Leslei Howard.

Véndoa, ollando o seu canonazo a prol da democracia, fican poucas dúbidas. Se os “junkers” asasinos que derrubaron o Ibis non ían a por Leslie Howard ben poderían telo feito. Xente como este actor son os que foron alén do “king and country”, e hai unha película de Joseph Losey que denuncia o terrible do patriotismo aproveitado, para que a palabra libertade non quedase fóra do mapamundi que os nazis pretendían volver deseñar. Por iso a importancia do acto do sábado en Cedeira, e a recriación dun mito. O de menos a exactitude do lugar onde o Ibis caeu. O importante o feito, ao que se chega pola vontade dun mitómano, José Rey Ximena, artíficieiro da homenaxe, demostrativo do que pode un home só cando é teimoso, liberal e consecuente.

E quero salientar a proclama do Alcalde de Cedeira, Xosé Luís Vergara, quen aproveitou o acto d´A Capelada para ceibar unha oración ilustrada: emotiva, pedagóxica e europeista. Loureiros verdecidos para quen como Leslie Howard souberon, co seu sacrificio, termar dun mundo para todos.

© Vicente Araguas - Diario de Ferrol


Link: DFONline



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Colaboradores
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre Colaboradores:
Aprobación listas de mobilidade de PL do Concello da Coruña


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

Colaboradores

"PIMPINELA - por Vicente Araguas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos