 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 28 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | A Xunta condiciona a unha nova orde a axuda para trasladar o curro |
A Consellería de
Medio Rural retirou por “problemas burocráticos na docmentación
presentada” unha subvención que o anterior goberno bipartito concedera
ao municipio de Cedeira para trasladar o curro da Capelada. A Xunta
asegura que se concederán os 26.000 euros no caso de que o Concello cmpra os requisitos esixidos.
O
Concello de Cedeira anunciou a comezos de ano que este verán cambiaría
a ubicación da tradicional “Rapa das Bestas”, un evento que continuará
tendo lugar na Serra da Capelada pero nun recinto próximo ao actual. Os
traballos están rematándose na zona do Chan do Pozón e o consistorio
prevé que o recinto esté operativo nun prazo non superior a quince
días. Na intervención investíronse 52.000 euros, que ían ser
cofinanciados ao 50% pola Consellería de Medio Rural e o Concello. Onte
mesmo, o director xeral de Montes da Xunta, Tomás Fernández Couto,
informou ao alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, da retirada dos
26.000 euros que ía aportar a Administración autonómica, aludindo a
“problemas burocráticos na docmentación presentada”.
A Xunta recordou que no ano 2008 o
consistorio cedeirés presentou o informe no que se recollía o traslado
de ubicación do curro da Capelada. Solicitábase unha subvención pero
ésta concedeuna o anterior goberno da Xunta -PSOE e BNG- atendendo a
uns criterios fixados no ano 2007. A subvención aprobouse o pasado ano
con cargo aos presupostos do presente exercizo, tal e como se indicou
desde Medio Rural, pero o novo goberno da Xunta veuse obrigado a
retirala -entre moitas outras, aseguran- ao non cmplir a nova orde. O
director xeral de Montes asegurou que se o Concello cmpre coa nova
normativa non hai ningún problema en concederlle eses 26.000 euros ao
longo deste ano, incidindo en que é este departamento autonómico “un
dos máis interesados en valorizar esa zona”.Pola
súa banda, José Luis Vergara, un tanto sorprendido pola decisión incide
en que, tras ser aprobada a subvención, o Concello ten uns dereitos.
Valorou o feito de que a Xunta acepte indemnizar ao consistorio cunha
partida económica polo importe anteriormente concedido, eses 26.000
euros, “se se xustifican as obras en tempo e forma”. José
Luis Vergara asegurou que os traballos xa deberían estar rematados a
estas alturas, pero que a demora na tala e posterior retirada dunhas
árbores danadas polo temporal “Klaus” está condicionando o final da
intervención. O alcalde cedeirés subliñou que, ademais do curro, se
habilitará na parcela un circuíto para cabalgadura galega.A
parcela elexida para o curro da Capelada reúne, segundo explicou o
alcalde, mellores requisitos, como a ubicación, máis próxima ao núcleo
urbán e a orografía, ao ser un terreo menos accidentado. O cambio conta
co respaldo da Asociación Pena Toxosa, organizadora da “Rapa das
Bestas”.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"A Xunta condiciona a unha nova orde a axuda para trasladar o curro" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|