|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 25 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Máis BNG |
O vindeiro sábado a plataforma Máis BNG vai dar o primeiro paso de
cara a conformar un novo grupo político no BNG. Carlos Aymerich,
portavoz da forza frontista no Parlamento galego e membro de Máis BNG
asegura que “vendo a situación na que está o nacionalismo é máis
necesario que nunca que Máis BNG se organice e se dote dunha estrutura
que lle permita funcionar con máis eficacia, sempre pensando no ben do
BNG”.
A agrupación, que funcionaba ata o de agora como unha asemblea de
militantes do Bloque, decidirá a mañá do sábado no Hotel Puerta del
Camino a súa organización formal como colectivo, cun funcionamento moi
similiar ao dun partido. “O que resulte ao final irémolo vendo”, di
Aymerich pero o obxectivo agora “é nomear unha xestora con
representación de todas as comarcas do país para poñer en marcha este
proceso”.
Unha vez nomeada, esta xestora vai “dar corpo político e ideolóxico
a Máis BNG e definirá unha estrutura organizativa”, segundo afirmou o
nacionalista a Xornal de Galicia. O sábado participarán grupos como
Inzar, ESG, PNG e Esquerda nacionalista, que “están a participar dentro
do proceso e decidiremos todos xuntos os pasos a seguir”, engadiu.
No
tocante ao liderazgo deste colectivo, o nacionalista falou dunha
estrutura “similar á da establecida na Asemblea Nacional”, na que
Teresa Táboas é coordenadora Executiva e Aymerich secretario de Acción
Institucional no Parlamento Galego.
“MENSAXE INTEGRADORA”
Aymerich considera que o nacionalismo “precisa un revulsivo”, e a
súa formación vai representar “unha mensaxe integradora, con vocación
maioritaria, de goberno”, como a que tiña o nacionalismo cando “prendeu
na sociedade”. O secretario de Acción Institucional subliñou que Máis
BNG entende o nacionalismo como “un proxecto para o conxunto do país”,
que ou é maioritario ou non é”. Porén, Carlos Aymerich insistiu en que
respectan “aos compañeiros que pensan que o camiño é outro e hai que
reforzarse ideolóxicamente”. Pero a súa formación ten outras
prioridades: “Queremos volver a ilusionar, convencer á sociedade de que
o nacionalismo non é só unha opción de resistencia, senón tamén unha
opción de goberno”.
Máis BNG “ten un peso importante no BNG, xa que na executiva somos
sete, igual que os afíns á UPG, pero agora estruturarémonos e
darémoslle corpo a isto”, afirmou Aymerich. Respecto ao reparto de
forzas entre UPG,Encontro Irmandiño e Máis BNG, o nacionalista
restoulle importancia porque “igual que unha partitura pode ser
interpretada de diferentes maneiras, o mesmo sucede co BNG”.
Aymerich non quixo plantexarse o futuro debate á candidatura da
Xunta. Asegurou que no BNG traballan “para chegar nas mellores
condicións ás municipais, e despois ás autonómicas. Hai que traballar
por ter candidaturas dignas”.
Link: XORONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Máis BNG" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|