AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 4 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Vivir coma un deputado

PHP-NukeComo son as nóminas dos nosos representantes? Un deputado que se dedique plenamente ás tarefas parlamentarias ingresa entre 4.500 e 4.600 euros brutos cada mes. A cantidade increméntase cun plus se son membros dunha comisión (317 euros ao mes). A suma das retribucións anuais brutas (arredor de 58 mil euros) aseméllase á dun secretario xeral do Goberno.

Moito máis elevadas son as cifras anuais que perciben os membros da Mesa do Parlamento ou os voceiros parlamentarios. Así, incluindo gastos de representación e libre disposición, a presidenta do Parlamento sobrepasa os 9.300 euros mensuais brutos; os vicepresidentes, secretarios e vicesecretarios da Mesa perciben 8 mil euros brutos cada mes; e os voceiros dos grupos un mínimo de 5.400.

Mais hai deputados que prefiren renunciar á dedicación exclusiva para poder compaxinar o labor parlamentario coa súa actividade profesional, que lles resulta máis rendíbel. No Parlamento de Galiza hai tres deputados, todos do PPdeG, que renunciaron á dedicación exclusiva para poder ter ingresos por outras actividades privadas: Xaime Castiñeira (avogado); Dámaso López; (médico) e Xesús Goldar (xestor administrativo). A cifra contrasta coas que se dan no Congreso. Na cámara española só o 10% piden a dedicación exclusiva.

Disciplina de partido

O BNG é a única das tres formacións con presenza no Parlamento que lle exixe aos seus deputados que teñan dedicación exclusiva e prohibe expresamente manter paralelamente actividades privadas ou cargos noutras institucións.

Os socialistas tamén avogan pola dedicación plena dos parlamentarios. Porén, hai deputadas como é o caso de Beatriz Sestayo que tamén é concelleira en Ferrol. Segundo recolle Europa Press, dentro do PSdeG sinalan que é preciso predicar co exemplo e cmprir coa máxima de “unha persoa, un cargo”, algo que os socialistas até o de agora non lograron.

A postura do PPdeG é diferente xa que consideran que é bo combinar a actividade local coa parlamentaria. No caso de combinar negocios privados coa representación parlamentaria, os conservadores só exixen cmpran “coas súas obrigas”.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Vivir coma un deputado" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.23 Segundos