|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 27 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Festa Celta do Lugnasad |
O Lugnasad era unha das
celebracións máis importantes do calendario celta. Había xogos, música,
comida, bebida, transacións de gando e actividades comerciais pero, sen
lugar a dúbidas, unha das principais actividades que tiña lugar durante
a celebración desta festa eran as vodas, onde os homes e mulleres
comprometían o seu amor durante un ano e un día.
© 2009 - Diario de Ferrol
O Lugnasad é unha festa de marcado
carácter histórico que desde hai uns anos éstase a recuperar en
diferentes concellos de Galicia. Cedeira será desde este verán un
deles. Durante a última fin de semana de agosto, a vila enteira
retrocederá varios séculos no tempo para meterse de cheo na celebración
da I Festa do Lugnasad, un evento no que participan o Concello,
diferentes asociacións, veciños e comerciantes de todo o municipio. De
feito, onte o concelleiro de Turismo, Alfredo del Río López, acompañado
de Manuel Aneiros Loureiro (impulsor e organizador do evento)
presentaron o programa desta celebración que promete reunir na praia da
Magdalena a centos de persoas dispostas a revivir a experiencia celta.
Ademais, tal e como avanzaron desde a organización, todas as persoas
que desexen casarse polo rito celta ou renovar os seus votos tamén
poderán facelo na medianoite do 29 de agosto.
O obxectivo desta primeira edición é o
de vincular todas as actividades que antigamente se desenvolvían
durante o Lugnasad cos costumes, tradicións e cultura de Cedeira. Así,
segundo explicou Manuel Aneiros “non sabemos como eran os ritos de voda
que facían os celtas, como tampouco sabemos como era a música que
tocaban; máis hoxe en día hai moitos músicos que fan a chamada ‘música
celta’ e fano moi ben. Pero si sabemos dalgunhas tradicións de Galicia
e Cedeira relacionadas cos amores, as augas e o mar”. Neste senso
referíase o rito “das nove ondas” que se fai nos baixos de San Andrés,
a tradición da queimada, ou a historia de amor entre Lanzarote do Lago
e Ginebra nas lendas artúricas. Por todo elo, confían no éxito desta
primeira celebración e na implicación da maioría dos veciños do
municipio na festa. Ademais, convídase ós rapaces a crear o seu
propio “clan celta” -con damas, cabaleiros, artesáns, druidas,
guerreiros,...- e en pandillas construir a súa propia cabana ou palloza
na zona de praia para pasar o día do Lugnasad nela. Haberá un premio
para o clan que mellor represente o sentir da época. As persoas
interesadas en participar neste concurso deberán inscribirse na oficiña
de turismo de Cedeira ou ben chamando ó 981 48 21 87. Desde a
organización do evento pídese tamén a todos os veciños que se impliquen
na festa acudindo o día da súa celebración, o 29 de agosto, vestidos de
época para deste xeito crear un ambiente máis real na vila. Pensando
nelo desenvolveuse un amplo programa de actividades que inclúe desde
xogos infantis, ata pasarrúas, música, bailes, ou gastronomía da época.
De feito, a Confraría de Pescadores de Cedeira asará sardiñas e xurelos
e desde o Asador Reboredo e a Sociedade de Caza e Pesca colabórase co
asado de porco e xabarín. Por último o Forno de Gonzalo achegará doces
típicos de Cedeira. O apartado musical correrá por conta de varias
agrupacións da vila. As súas actuacións comezarán arredor das sete da
tarde na zona da praia. Participan a Banda de Gaitas Robaleira, o grupo
Asoaxe e tamén Buxainas. Link: DFONline
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Festa Celta do Lugnasad" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|