 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 29 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | Racha o goberno local en Fene |
Falta de negociación nos últimos orzamentos municipais e parálise administrativa en departamentos como Facenda e Urbanismo, incluída a queixa sobre o estancamento na concesión de licenzas, son os principais argumentos de "déficit de xestión" expostos este martes polo BNG local en Fene para retirarlle o apoio ao goberno liderado polo rexedor socialista Iván Puentes. Os nacionalistas tamén acusan os socialistas de "falta de lealdade" e de compromiso co apoio á iniciativa lexislativa popular en favor da volta da factoría fenesa de Navantia á construción naval civil.
En 2007 as urnas outorgáranlle ao PSOE 7 concelleiros, deixando para o BNG 5 edís. O resto: 4 para o PP e 1 para Esquerda Unida. Deste xeito, o BNG fenés deixa os socialistas en minoría deixando desde este mesmo mércores todas as áreas de xestión que mantiñan os edís nacionalistas. En conferencia de prensa, o voceiro local do Bloque, Manuel Polo, á beira do responsábel comarcal da formación, Francisco Dasilva, e do conxunto de concelleiros, anunciou que a decisión fora xa ratificada pola asemblea de militantes nacionalistas feneses. Aseguraron ademais que o paso recibiu este mesmo luns a beizón da Executiva Nacional do BNG.
De xeito inédito en case as últimas tres décadas, o BNG deixará así de ter responsabilidade de goberno no Concello de Fene. O Bloque acmulara unha longa traxectoria no poder, coa alcaldía durante anos e até a cita coas urnas en 2007, onde os electores lle concederon o 36,3% dos votos e 7 concelleiros ao PSOE local, liderado por Iván Puentes, fronte ao 26,5% do BNG, que pasaba así a ser segunda forza.
Link: VIONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"Racha o goberno local en Fene" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|