A Consellería do Mar puxo hoxe en marcha o Plan de Loita contra o Furtivismo en toda a costa lucense. A partires de hoxe un dispositivo especial da Xunta en colaboración cos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado vixiará as zonas comprendidas entre Ribadeo e Cedeira. Trátase dun conxunto de medidas para acabar co marisqueo ilegal, nas que a Consellería intensificará os controis por mar, terra e aire, sobre todo en bancos percebeiros. Ás patrullas de vixilancia, que contarán con máis efectivos, se incorporarán axentes da Policía Autonómica, o que permitirá levar a cabo máis inspeccións pesqueiras, non só nas zonas de extracción senón tamén na cadea de comercialización.
O director xeral de Ordenación e Xestión de Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, reuniuse hoxe cos Patróns Maiores e Presidentes Percebeiros da zona de Lugo, con Alfonso García Ben, Presidente de la Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, co xefe da Unidade Operativa de Celeiro e dous axentes da policía Autonómica adscritos á unidade de Lugo para ultimar os detalles deste operativo.
Coa posta en marcha dese dispositivo en Lugo, a Consellería do Mar está a cmprir o seu compromiso de implantar o Plan de Loita contra o Furtivismo en toda a costa galega. O departamento que dirixe Rosa Quintana detectou os puntos mais conflictivos e distribuíu a costa galega en cinco zonas. O plan vaise implantando na medida que Fernández Asensio se reúne cos Patróns Maiores de cada zona. Nesta liña, o plan arranxou o pasado 11 de xuño na área que comprende dende Malpica a Fisterra e a semana pasada púxose en marcha en A Coruña.
Na próxima semana o plan activarase na zona de Ribeira e na segunda semana de xullo no resto das Rías Baixas. Así en 15 días, o plan de loita contra o furtivismo estará activado en toda Galicia.
Link: XONLine