NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 52 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Primeira partida para a contratación de parados sen prestación

PHP-NukeO Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería de Traballo e Benestar que establece a primeira partida para a contratación de desempregados que xa esgotaron a súa prestación por importe de 13.100.672 euros. Esta é a primeira das dúas desconcentracións nas que se divide o plan dos 30 millóns anunciados pola Xunta para atender aos parados sen subsidio, unha iniciativa que se inscribe no seu plan de choque para facer fronte á crise. Deste xeito, a Xunta beneficiará a 4.000 parados galegos que xa non contan con ningún tipo de axuda.

Desta primeira partida, 9.100.672 euros estarán destinados a contratacións en entidades locais, e 4.000.000 euros á cooperación con administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro. A resolución marca como colectivo prioritario “as persoas paradas que houbesen consumido a totalidade das prestacións e subsidios por desemprego aos que tiñan dereito”.



As contratación dos desempregados realizarase en actividades vinculadas a novos xacementos de emprego que lles ofrezan maiores oportunidades de readaptación no ámbito laboral. En concreto, os contratos estarán dirixidos á prestación de servizos en materia medioambiental, social, cultural, de protección civil e de servizos administrativos de informática e novas tecnoloxías.

A duración dos contratos oscilarán entre os 6 e os 9 meses, de modo que facilitarán unha práctica profesional adecuada para a súa posterior reinserción laboral.

Os primeiros contratos iniciaranse a primeira quincena de xullo co obxectivo de que todas as persoas poidan estar contratadas antes finalizar o mes de agosto. O sistema de contratacións establece que sexa o Servizo Público de Emprego o que faga unha preselección dos desempregados sen dereito a prestación que se remitirá aos concellos e demais entidades para que estas executen as contratacións.

Este plan emprega o mesmo instrumento que o plan de cooperación local –cun orzamento de 34,8 millóns de euros e que permite a contratación, xa en marcha, de 3.900 persoas-, aínda que son partidas orzamentarias diferenciadas con destinatarios tamén distintos.

Trátase, pois, dun “gran esforzo”, xa que entre o plan de cooperación e esta partida extraordinaria estase a falar dun montante de preto de 65 millóns de euros, achegados por parte da Consellería de Traballo e Benestar para frear o paro e reincorporar no mercado laboral a quen máis o necesita.

A celeridade na publicación desta orde responde á urxencia fixada polo Goberno para atender á grave situación do desemprego.

Link: XONLine




 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Primeira partida para a contratación de parados sen prestación" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.26 Segundos