NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 40 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O PSdeG denuncia o "primeiro ataque" da Xunta á Sanidade p&uacu

PHP-NukeA Xunta deu orde de que os hospitais e os centros de atención primaria fagan un recorte de seis millóns de euros no capítulo de material sanitario, contratación de empresas alleas -limpeza, seguridade, entre outras- e comunicacións, segundo denunciou o PSdeG.

O secretario de Sanidade do partido, Miguel Anxo Fernández, presentou esta quinta feira un docmento, enviado desde os servizos centrais do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que o socialista cualificou de "primeiro ataque" do Goberno ao sistema sanitario público.

Textualmente, a orde recolle que "de acordo co plan de austeridade aprobado polo Consello da Xunta do día 4 de xuño, é preciso realizar minoración do crédito, entre outros, no orzamento do capítulo II dos centros do Servizo Galego de Saúde. O importe que se minora en cada centro, é proporcional ao orzamento inicial do capítulo II".

"Primeiro descenso" dende 2003
Fernández cifrou a redución en case seis millóns dos 883 destinados a este capítulo (0,66 %) no conxunto dos centros galegos, o que supón "o primeiro descenso" nos recursos para a sanidade pública dende 2003, criticou, e estimou que a diminución vai dos 20 mil euros dos centros máis pequenos deica os 800 mil dos grandes complexos hospitalarios.

Aínda que o capítulo II está dirixido "inicialmente" á contratación de empresas alleas e comunicacións, apuntou que os xerentes recorren a partidas non esgotadas nestes dous últimos apartados para as trasladar a gasto en material sanitario e, no caso dos hospitais, tamén para gasto de farmacia.

Fernández, que foi xerente do Xeral Calde de Lugo, afirmou que precisamente o incremento dos recursos consignados nos capítulos I e II é unha "reivindicación tradicional" dos responsábeis dos centros sanitarios polo que cualificou a decisión de Sanidade de "moi grave".

Non hai recorte nos concertos cos centros privados
"Esperamos que este diñeiro non sexa o que vai utilizar a conselleira para derivar os pacientes a centros privados de dentro e de fóra de Galiza cando aprobe o decreto de tempo máximo de espera que anunciou", dixo o socialista, que reclamou "o mesmo" recorte nos concertos cos centros privados.

A redución "pode pór en risco parte da asistencia sanitaria pública", dixo, e defendeu que, pola contra o Goberno bipartito elevou o gasto sanitario por habitante até 1.369 euros, por riba da media estatal.

Hospitais de Vigo, Pontevedra e O Salnés

Por outra banda, o portavoz parlamentario de Sanidade dos socialistas, Modesto Pose, queixouse esta semana de que o PPdeG rexeitara na Cámara unha moción onde se instaba a Xunta a licitar o hospital de Vigo e as ampliacións dos hospitais de Pontevedra e do Salnés.

Pose acusou os populares de ter unha "vergoñosa axenda oculta" pola que eluden un "compromiso certo" coa sanidade destas bisbarras.

Copia do docmento enviado aos hospitais e aos centros de saúde (.pdf / 16KB)

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"O PSdeG denuncia o "primeiro ataque" da Xunta á Sanidade p&uacu" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos