|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 59 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Aportación de áridos: A Madalena |
Responsables de Costas supervisaron onte os traballos de extracción de
áridos da contorna da Magdalena para a súa posterior análise e posible
utilización no recheo do areal. Aínda que a praia perde gran cantidade
de area todos os anos, os temporais pasados deixárona moi maltreita.
Días despois do temporal de vento que azoutou Galicia os técnicos de
Costas xa mostraron a súa preocupación polo estado en que quedara a
praia da Magdalena. Un dos responsables, Carlos Gil, xa insistía entón
na necesidade de acometer unha intervención de urxencia para frear a
deterioración do areal da madalena, que todos os anos sofre grandes
perdas de áridos como consecuencia do efecto das mareas. Ao contrario
do ocorrido noutros períodos, no que vai de inverno a praia cedeirense
xa sufriu un cambio moi importante no seu fisionomía, cun desnivel que
chegou a superar os dous metros en algures da praia.
Precisamente este preocupante estado é o que propiciou que onte se
desprazasen á vila, novamente, o responsable da Demarcación de Costas
en Galicia, Rafael Eimil, e o técnico do departamento, Carlos Gil. Os
dous expertos, xunto ao alcalde do municipio, José Luís Vergara,
supervisaron os labores de extracción de area que se estiveron
desenvolvendo durante a mañá e parte da tarde nas inmediacións do areal.
Os traballos, segundo explicou Rafael Eimil a este diario, consistiron
na extracción de area da contorna do dique para analizar os estratos do
subsolo e constatar que serían bos para encher A Magdalena. O método
empregado na intervención levada a cabo en Cedeira consistiu en
succionar a area a través duns tubos de sondaxe que recuperaron area
dos fondos mariños, entre 11 e 15 metros de profundidade, que agora
serán analizados. Para iso, o barco axúdase dun moderno sistema de GPS
que localiza bancos area que as mareas arrastran cara a un punto
concreto durante o inverno.
En canto aos resultados deste estudo, Eimil confía en que non se
demorarán máis dun mes. No caso de que a análise da area arroxe un
resultado negativo, o máis probable, segundo apuntou o xefe da
Demarcación de Costas, é que ?se non hai area dentro da contorna haberá
que ir máis cara a fóra?.
Por outra banda, Eimil mostrouse confiado de que exista a suficiente
area na contorna da Magdalena para encher a praia antes do verán. Así
mesmo, estes traballos que se acometerán con carácter de urxencia e
terán unha vixencia de, como mínimo, tres anos, segundo explicou Rafael
Eimil.
Por outra banda, esta intervención nunca será definitiva, xa que aínda
se estuda de que forma poderase acabar coa grave incidencia que as
mareas teñen no lugar.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Aportación de áridos: A Madalena" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|