NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 24 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Modernización e renovación dos establecementos comerciais

PHP-Nuke A Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, publicou entre onte e hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) cinco das ordes de axudas incluídas no Plan de renovación e mellora do comercio galego para 2009 ao que se destina unha contía inicial de 27.240.000 euros. Este orzamento supón un incremento do 16% dos investimentos directos destinados aos pequenos comerciantes respecto do ano pasado, no que o presuposto foi de 23.476.857 euros. Nun momento de austeridade orzamentaria como o actual, o incremento do orzamento reservado para as subvencións obedece á especial situación pola que pasa o sector retallista do país. Así, as subvencións ás que as que se lle deu publicidade no DOG son as ordes para a modernización dos comercios situados en zonas rurais; para a mellora da calidade do comercio galego, para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo, para asociacións de comerciantes; e a de axudas aos concellos para a modernización do comercio urbano.

Importantes novidades
En xeral, no marco das actuacións que se van subvencionar este ano destaca a ampliación das axudas para o deseño e execución de campañas publicitarias e a subvención da reforma e adquisición de moblaxe nos establecementos comerciais de todo o país. En 2006, a Consellería implantou unha medida pioneira consistente en sufragar as obras de remodelación e equipamento para tendas situadas en municipios de ata 10.000 habitantes a través da cal se daba cobertura a 258 concellos galegos. O resultado foi que nestes dous anos se conseguiu a renovación de máis de mil locais. Esta actuación pioneira esténdese agora a todos os establecementos do país. A Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, quere deste xeito impulsar e apoiar un plan de renovación dos establecementos comerciais de todo o país co dobre obxectivo de incentivar a súa modernización e incrementar o consumo por parte dos propios comerciantes coa adquisición de produtos en tendas con ofertas complementarias. O Plan de renovación e mellora do comercio galego 2009 presenta tamén como novidade a subvención de ata o 50% das bolsas reutilizables ou biodegradables empregadas polo pequeno comercio. Así mesmo, amplíase o abano de beneficiarios das axudas ás moblerías (aínda que excedan dos 300 m2 de superficie útil de venda e exposición); e dótase de maior capacidade económica aos centros comerciais abertos (CCA) e eixes comerciais para a realización de labores de fidelización, promoción e publicidade que redunden no aumento da calidade do servizo á clientela. A do*****entación de catro das ordes de axuda publicadas poderá presentarse a través de procedemento telemático e poderá ser remitida en formato electrónico a través da aplicación informática “Axudas Virtual” establecida na “Oficina virtual” da Consellería de Innovación e Industria. En todos os casos, o prazo de recepción de solicitudes rematará o 18 de marzo de 2009. Toda a información sobre as ordes de axuda pódese consultar na páxina web da Consellería (www.conselleriaiei.org).
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Modernización e renovación dos establecementos comerciais" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.23 Segundos