AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 51 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Episodio meteorolóxico adverso

PHP-Nuke A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia alertou hoxe dun episodio meteorolóxico adverso por vento en terra e doutro costeiro por mar de vento de nivel laranxa previsto para mañá. Segundo o parte emitido pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, a través da Delegación Territorial en Galicia, a previsión é que o vento do suroeste chegue a acadar os 100 quilómetros/ hora nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo (na Mariña, Centro e Montaña), entre as 10,00 e as 18.00 horas, e que, o resto do día, as rachas máximas alcancen unha velocidade de 80 quilómetros por hora (nivel amarelo). Nas provincias de Ourense e Lugo (Sur) espéranse rachas máximas en torno aos 80 quilómetros por hora entra as 6.00 e as 20.00 horas (nivel amarelo). Ademais, durante todo o día, se prevé unha precipitación acmulada en 12 horas de 40 mm (nivel amarelo).

Mar de vento

A Axencia Estatal de Meteoroloxía informou, tamén, dunha alerta laranxa por mar de vento prevista para mañá entre as 10,00 e as 20,00 horas. Espérase mar moi grosa en todo o litoral da Comunidade Autónoma de Galicia. A previsión é que haxa vento do suroeste de Forza 5 (F5) a F6 con intervalos de F7 na área de Fisterra a Sisargas, arreciando a F7 e con probables intervalos de F7 a F8 de Corrubedo a Sisargas.

Recomendacións


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción. Ademais, recoméndase a retirada de obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras, así como evitar o paso preto de edificios en ruínas, árbores, paneis publicitarios, etc. Igualmente, aconséllase aos conductores extremar as precaucións nas estradas por mor de posibles desprendementos de terra e caída de árbores e adecuar a velocidade ás condicións meteorolóxicas. Por último, reiterase a importancia de evitar achegarse a diques, malecóns ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar e suspender calquera actividade acuática. Ademais, a Xunta de Galicia recomenda consultar a información actualizada sobre o estado das estradas e a páxina web do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (http://www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Episodio meteorolóxico adverso" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos