- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O PP di estar "farto" do comportamento e "mentiras" do rexed

PHP-NukeO Partido Popular de Cedeira saíu onte ao paso das críticas emitidas polo PSOE nas que esta formación acusaba aos populares, entre outras cousas, de impedir a participación da cidadanía nos plenos, véndose obrigado o alcalde socialista, José Luís Vergara, a suspender a sesión plenaria do pasado xoves debido ás "disputas, interrupcións e falta de respecto" por parte do portavoz dos populares, o ex alcalde Leopoldo Rubido, e demais responsables da súa formación.

O PP quixo aclarar que "o pleno non tivo que suspenderse, senón que xa se terminou", e asegurou que foi o rexedor cedeirense o que "insultou reiteradamente ao portavoz municipal do PP". Neste sentido, afirman que durante o pleno, Vergara non deixou terminar de explicarse a Rubido sobre o acordo de ampliación do Centro de Saúde de Cedeira, "acordo cuxos fondos foron dilapidados polo anterior goberno PSOE-BNG". Con respecto ás obras acometidas, "durante o pleno o PP de Cedeira mantivo que era unha obra máis urxente o arranxo do Palacete para Residencia da Terceira Idade" que as obras acometidas no casco antigo do municipio, "xa que podería proporcionar 20 postos de traballo e non os poucos postos temporais conseguidos desta forma", sinalan.

Así mesmo, din que tamén é unha "mentira" que o PP estea en contra da instalación de fibra óptica e saneamentos na zona vella, como manifestou o alcalde cedeirense.

Ademais de tachar de autoritario, bipolar e sectario o comportamento do rexedor, "polo que non nos estrañan as súas mentiras e maneiras", o PP "non vai admitir que se lle ningunee, xa que nós representamos á maioría dos votantes de Cedeira", engadiron. "O Partido Popular está farto desta situación e tomará as medidas políticas e legais para remediala", conclúen.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"O PP di estar "farto" do comportamento e "mentiras" do rexed" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos