|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 52 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Os socialistas critican a actitude do PP |
O Partido Socialista
de Cedeira acusa ao PP de impedir a participación da cidadanía nos
plenos municipais. O pasado martes alumnos do IES Punta Candieira
asistiron a unha sesión plenaria como parte final duns obradoiros,
feitos en colaboración coa Fundación Lonxanet, que o alcalde suspendeu
ante as interrupcións da oposición.
O
Partido Socialista de Cedeira lamenta que, unha vez máis, o Partido
Popular “revente” as intervencións dos veciños da vila nas distintas
sesións plenarias. Segundo apuntan os socialistas, dende o grupo de
goberno acordouse dende o principio do mandato permitir as
intervencións da cidanía nos plenos. Pero, ata o de agora, segundo
explican, os responsables do PP sempre abandonaron o salón plenario
antes de producirse unha destas intervencións.
Así as cousas, o pasado martes
alumnos do instituto cedeirés Punta Candieira asistiron ao pleno local
para presentar aos responsables municipais as conclusións dunha serie
de obradoiros sobre protección do medioambiente que se fixeron en
colaboración con persoal da Fundación Lonxanet.
Lamentablemente os
rapaces do IES non puideron coñecer nada do que fan desde a
administración municipal en favor da sustentabilidade, o patrimonio
cultural ou o entorno natural, xa que o alcalde e presidente da
Corporación, José Luis Vergara, viuse na obriga de suspender a sesión,
logo de que esta se caracterizase polas “trifulcas, interrupcións e
falta de respecto polos intervintes” por parte do portavoz dos
“populares” e ex alcalde da vila, Leopoldo Rubido, e demáis
responsables da súa formación.Para os socialistas esta actitude
responde a un interés por parte do PP de “reventar a participación
libre da cidanía nos órganos de poder do Concello”. Por outra banda, o
rexedor municipal comprometeuse cos estudantes a remitirlles por
escrito o que se fai desde o Concello en materia medioambiental.Ademais
desta actitude lamentable en presenza de rapaces da vila, outra
cuestión que suscitou debate no transcurso do pleno do martes foi o
punto cuarto da orde do día, no que se daba conta do inicio das obras
de rehabilitación do casco vello cedeirés -que se fai con cargo ao
FEIL-. Segundo os socialistas, o concelleiro do PP, Leopoldo Rubido,
dixo que rehabilitar o casco antigo de Cedeira “é malversar fondos
públicos”.
Asemade Rubido engadiu que o alcantarillado está ben e
propuxo que cos cartos do Fondo Anticrise habería que facer unha
residencia da Terceira Idade no Palacete.Os socialistas entenden
que o voceiro do Partido Popular debe explicar aos veciños “cómo unha
rede non separativa de alcantarillado, construída con lastras, é capaz
de evitar filtracións de fecais á ría”. Tamén piden que lles explique
por qué deben soportar humidades que veñen das vellas rúas da vila
antiga ou as fugas de auga de traídas abandonadas.
Os socialistas tamén
preguntan aos “populares” pola súa oposición á incorporación na zona da
rede de fibra óptica ou polo feito de que se deixe feita a
preinstalación do futuro gas cidade, cuestións todas que dependen
destas obras que xa deron comezo. Dende as filas socialistas
consideran que “a intervención que levará a cabo o actual goberno de
progreso na zona antiga da vila porá ao descuberto unha nefasta
política de Leopoldo Rubido no casco antigo”.
Link: DFONLIne
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Os socialistas critican a actitude do PP" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|