- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 15 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 BOP - Concello de Cedeira

PHP-NukeResolución de Alcaldía. Nomeamento de concelleiros-delegados

ANUNCIO

Con data 10.07.2023 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 346/2023 que literalmente di:

“RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Asunto: NOMEAMENTO DE CONCELLEIROS-DELEGADOS

D. Pablo Diego Moreda Gil, Alcalde-Presidente deste Concello, de conformidade coas atribucións conferidas polo artigo 43 e seguintes do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e coa finalidade de conseguir unha maior eficacia na xestión,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Efectuar a favor dos membros da Xunta de Goberno Local que se citan as seguintes delegacións xenéricas, referidas ás áreas que se determinan, e nas materias que no seu caso se detallan, ó abeiro do que dispón o artigo 43.3 do ROF, con facultades para dirixir e xestionar os servizos correspondentes, baixo a supervisión da Alcaldía, pero sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros:

- D. José Antonio Rodríguez Arribe: Concelleiro-Delegado de Cultura, Patrimonio e Deportes

- D. Ismael Durán Bereijo: Concelleiro-Delegado de Medio Ambiente

- Dª María José Pernas Díaz: Concelleira-Delegada de Medio Rural e Parroquias

- Dª Lucía Picos Aneiros: Concelleira-Delegada de Igualdade

SEGUNDO.- Efectuar a favor dos Concelleiros que se citan as seguintes delegacións especiais, ó abeiro do que dispón o artigo 43.4 e 43.5 do ROF, con responsabilidade para a dirección interna e xestión de servizos, baixo a supervisión da Alcaldía, sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros:

- D. Jesús Romero Carracelas: Concelleiro-Delegado de Obras, Servizos, Praias e Cemiterios

- Dª Carmela Prieto Cal: Concelleira-Delegada de Servizos Sociais, Lecer, Persoal, Participación Cidadá e Facenda

- D. Noel López López: Concelleiro-Delegado de Educación, Mocidade e Normalización Lingüística

- Dª Manuela López Rodríguez: Concelleira-Delegada de Emprego e Promoción Económica

SEGUNDO.- Mantense expresamente dentro das atribucións da Alcaldía-Presidencia a formalización dos contratos que o Concello firme con particulares, calquera que fose a materia sobre a que versen, tendo a condición de órgano de contratación cando non se houbese delegado expresamente na Xunta de Goberno Local ou nun Concelleiro-Delegado.

Quedan expresamente incluídos dentro da Área de Presidencia a Concellería de Turismo, Seguridade Cidadá e Urbanismo, e calquera outro servizo ou atribución non expresamente delegada.

TERCEIRO.- Da presente Resolución darase coñecemento ao Pleno da Corporación na primeira sesión que este realice, notificándose ademais persoalmente aos designados e publicarase no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ao da presente Resolución, conforme se indica no artigo 44.2 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.”

En Cedeira, 11 de xullo de 2023

O alcalde,

Pablo Diego Moreda Gil

2023/5747

Link: BOPONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"BOP - Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.29 Segundos