- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 80 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira :::: Orzamento 2021

PHP-Nuke
O pleno da corporación de Cedeira deu onte luz verde, nunha sesión extraordinaria celebrada telematicamente, ao orzamento de 2021, que ascende a 6.315.212,13€ e representa un incremento, respecto ao anterior, dun 0,25%. O presuposto recibiu o voto a favor do PSOE, a abstención do BNG e o voto en contra do PP. O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, destacou destas contas “que reflicten a nosa vontade de estar preto da cidadanía e apoiar ás familias e ás empresas que o precisan nestes tempos complicados”.
O alcalde destacou que os fondos destinados a servizos sociais ascenden este ano a 1.080.000€, de xeito que se incrementa de novo neste exercicio o esforzo do goberno local neste eido.

O orzamento reserva tamén unha partida de 70.000€ para cumprir o compromiso de facer unha nova convocatoria de axudas directas para as empresas e autónomos e contribuír a paliar os efectos da crise sanitaria.

O Concello de Cedeira renova neste orzamento o seu compromiso co tecido asociativo da vila. Así, están contempladas as subvencións nominativas á Escola de Música Vila de Cedeira, asociación ecuestre A Crina, asociación Mares, Amigos dos Ríos, Banda de Música, as ANPAs Picapeixe e O Beco, a asociación San Andrés de Teixido, Protección Civil, Cruz Roja, ANPA de Apader, Sobre Rodas e ABAC, entidades ás que desde o goberno se quere recoñecer o seu importante traballo, fundamental na dinamización da vida social e cultural da localidade.

Inclúense nas contas tamén, con partidas que suman 42.000€, as convocatorias que fai cada ano o Concello en réxime de concorrencia competitiva para actividades e entidades deportivas e culturais.

Segundo explicou o alcalde, a evolución da pandemia determinará, máis adiante, se o Concello pode organizar as actividades de tipo deportivo e cultural que se suspenderon a raíz do covid.19. Puntualizou, con todo, que aínda que as partidas de gastos non estean concretadas no orzamento, o goberno local tivo en conta estas circunstancias e dispón dos fondos que no seu caso poderían destinarse a poñelas en marcha.

O capítulo de investimentos está dotado neste ano 2021 con 1.159.849,33€, cos que se van levar a cabo, entre outros, os seguintes proxectos:
  • Rehabilitación estrutural e do pavimento do anel vermello da Praza Roxa.
  • Consolidación e reparación da cuberta dos escolares de Saa e Silsalde Maior.
  • Conservación do firme na Avenida de España e o camiño Pitilleira.
  • Reforma integral da Praza de Galicia.
  • Mellora de beirarrúas na Avenida de España, Rúa Ponte Nova e outras.
  • Ampliación do saneamento nas Pontigas.
  • Pista de skate e tirolina no Parque Camiño Real da Madalena.

Neste mesmo capítulo de investimentos, cómpre sinalar que o Concello reserva fondos para unha nova campaña de escavación arqueolóxica no Sarridal, así como para proseguir co plan de recuperación de fontes e lavadoiros e para diferentes actuacións de mellora medioambiental, como a compra e plantación de árbores ou a mellora da eficiencia enerxética.

Están tamén previstos, para este exercicio 2021, a execución dos primeiros orzamentos participativos da historia de Cedeira, cunha partida de 20.000€. O seu destino será decidido, a través dun proceso que xa está en marcha, polos alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES de Cedeira.

Moreda Gil amosou a súa satisfacción pola aprobación do novo orzamento, ferramenta básica para proseguir co proxecto social e de progreso do goberno local, e apuntou que coa liquidación do presuposto de 2020 e á vista dos remanentes poderán acometerse outras actuacións que non tiveron cabida neste proxecto contable.


Link: Concello de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira :::: Orzamento 2021" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.32 Segundos