NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 11 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 BOP

PHP-NukeResolución da Alcaldía: constitución da Xunta de Goberno Local e delegación de competencias

ANUNCIO

Con data 26.06.2019 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 335/2019 que literalmente dí:

“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Asunto: CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS

D. Pablo Diego Moreda Gil, Alcalde-Presidente deste Concello, de conformidade coas atribucións conferidas polo artigo 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, 43 e 52 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 65 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia,

RESOLVO:

PRIMEIRO.–Incoar expediente para a constitución da Xunta de Goberno Local deste Concello.

SEGUNDO.–Designar membros da Xunta de Goberno Local aos Sres./Sras.:

D. Manuel Pérez Riola

D.ª Carmela Prieto Cal

D.ª Magdalena Pérez Villar

D. Jesús Romero Carracelas

TERCEIRO.–A Xunta de Goberno Local terá asignadas as seguintes atribucións:

A) A asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas atribucións.

B) As atribucións que esta Alcaldía de forma expresa delega, e que a continuación se expresan:

1) Autorización, disposición e ordenación de gastos e a aprobación das facturas e certificacións de obra a partir de 12.000 euros mais IVE, dentro dos límites que competen ao Alcalde.

2) Concesión de licenzas urbanísticas.

3) Concesión de licenzas de actividade e de apertura.

4) Aprobación de padróns fiscais e liquidacións de impostos, taxas e prezos públicos.

5) A concertación de operacións de tesourería cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento non supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior.

6) As adxudicacións de concesións sobre bens e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin o importe de tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio, cando o seu valor non supere o porcentaxe nin a contía indicados.

7) A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación e concesión e estean previstos no Orzamento.

8) A solicitude de subvencións para obras, actividades ou servizos municipais, que competencialmente non estean atribuídas ao Pleno da corporación.

9) A aprobación da convocatoria, a concesión e xustificación de subvencións outorgadas polo concello, e a aprobación de convenios de colaboración.

10) A concesión, transmisión ou modificación de licenzas de auto turismo.

11) A concesión de aprazamentos e fraccionamentos de ingresos públicos.

12) A resolución de recursos que se interpoñan contra os acordos en materias delegadas que se teñen detalladas nos apartados anteriores.

C) As atribucións que lle atribúan as leis.

CUARTO.–Fixar como periodicidade para as sesións ordinarias os luns cada quince días, ás 13.45 horas.

Realizará a súa primeira sesión o luns 01 de xullo de 2019 ás 13.45 horas.

QUINTO.–A Alcaldía poderá revocar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas.

SEXTO.–A Alcaldía poderá avocar en calquera momento a competencia delegada de acordo co que dispón o artigo 10 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

SÉTIMO.–Da presente resolución darase conta ao pleno na primeira sesión que celebre, notificándose, ademais, persoalmente aos designados, e publicándose no boletín oficial da provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende a súa promulgación, conforme se indica no número 1 do artigo 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, e o artigo 52.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.”

En Cedeira, 26 de xuño de 2019.

O alcalde

Pablo Diego Moreda Gil

2019/5167



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"BOP" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.33 Segundos