|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 27 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira ::: Nota de prensa |
CEDEIRA RECOLLE DONACIÓNS ENTRE OS VECIÑOS PARA AXUDAR AOS REFUXIADOS SIRIOS
CEDEIRA, 26 de marzo de 2016.-
O Concello de Cedeira comezará a recoller o luns 28 axuda para os refuxiados sirios entre os veciños da vila, segundo informou a concelleira de Servizos Sociais, Manuela López Rodríguez.
As persoas que queiran colaborar con esta iniciativa solidaria poderán deixar mantas, sacos de durmir, tendas de campaña, medicinas, aparatos de ortopedia, víveres non perecedeiros -se se trata de carne en conserva que non sexa de porco-, roupa de abrigo, calzado de inverno, material escolar e, en definitiva, todas aquelas cousas que poidan axudar ás familias que fuxen da guerra en Siria no punto de recollida.
Este situarase no edificio de Servizos Sociais -terceira planta do auditorio- e as donacións poderanse realizar durante quince días desde o luns, en horario de mañá, de nove a dúas. A iniciativa desenvólvese en colaboración co Concello de Ferrol, ao que o de Cedeira agradece a súa axuda, en especial ao coordinador local de Seguridade, Santiago Troitiño, e aos bombeiros.
Así, o material que se recolla na vila será trasladado despois ao antigo cuartel ferrolán Sánchez Aguilera, desde onde será canalizado o envío aos refuxiados.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 2
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira ::: Nota de prensa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|