|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| PODEMOS Cedeira :::: |
CUBRICIÓN DA ENTRADA AO CENTRO DE SAÚDE
Desde Podemos Cedeira instamos ao “triunvirato” a que acometa unhas obras que ao noso entender, teñen unha gran importancia e non supoñen un excesivo gasto. Referímonos á cubrición da entrada ao centro de saúde e de paso facer tamén unha pasarela cuberta entre esa entrada e a de urxencias.
A razón é moi sinxela, xa que tódolos martes e xoves, cítase á xente que o require, a facer análises ás 8 da mañá, hora na que abre o centro. Dado o sistema de numeración por orde de chegada, moita xente acude con antelación e isto supón que os días de mal tempo se teñan que estar mollando e pasando frío.
Ao mesmo tempo, solicitamos unha pasarela que cubra a beirarrúa entre a entrada e a zona de urxencias porque moitos doentes, con dificultade de mobilidade, chegan empapados ao centro despois de aparcar os seus vehículos nos aparcamentos reservados nesta espazo.
Estes eran os argumentos que un dos grupos que agora goberna(anova), citaba como “obras urxentes nos accesos ao centro de saúde”, antes das pasadas eleccións municipais e que incluso o PP (daquela no goberno), afirmou que era unha boa idea.
Temos que afirmar, que “perderon a memoria” ao chegar ao poder ou o que é peor, o que era “urxente pasa a ser inexistente” cando se goberna…Cousas da vida, que diría Castelao.
Link: PODEMOS Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"PODEMOS Cedeira ::::" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|