NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 16 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira ::: Nota de prensa

PHP-NukeO goberno cedeirés promove o coñecemento do territorio coa organización de obradoiros sobre xeología para nenos e adultos

CEDEIRA. 27 de febreiro de 2016.-

Morenosita e zaratita son minerais dos que existen moi poucos xacementos no mundo. Algúns deles están no contorno do Cabo Ortegal e no lugar de Teixedelos (Cedeira), no caso da zaratita.

A riqueza xeolóxica da zona levou, non hai moito tempo, a sete municipios da comarca a liderar o proxecto coñecido como Xeoparque do Cabo Ortegal, unha iniciativa que se engloba dentro do novo concepto introducido pola Unesco para impulsar o desenvolvemento dun territorio en base ao patrimonio existente no mesmo.

Cedeira, Ortigueira, Cariño, Cerdido, Valdoviño, Moeche e San Sadurniño son as administracións locais implicadas na consecución dun obxectivo para o que xa se levan dado algúns pasos pero para o que aínda falta camiño por percorrer. Definir o modelo de xestión e financiamento son asuntos que aínda están sin resolver.

Coa fin de facer máis curta dita espera e coa intención que involucrar á poboación local no citado obxetivo, o goberno de Cedeira acaba de pechar un acordo co xeólogo Francisco Canosa Martínez -unha das persoas que están detrás da iniciativa-  para a celebración de dous obradoiros sobre súa especialidade. Serán os días 26 e 27 do próximo mes de marzo.

Os interesados deben apuntarse no Concello, xa que as prazas son limitadas. A organización non prevé máis de 40 para ámbalas dúas xornadas, vinte para cada unha. A convocatoria do sábado, en horario de 17.00 a 19.00 horas, está pensada para nenos con idades comprendidas entre os oito e doce anos, mentres que a do domingo vai dirixida aos adultos e será de 11.00 a 14.00 horas.

A participación é gratuíta e a actividade terá lugar nas instalacións municipais situadas na coñecida como praza Roxa. Francisco Canosa explicou que os obradoiros servirán para poñer en contacto aos máis pequenos coa riqueza xeológica de “primeira categoría” que existe na zona do Ortegal.

En canto ao programa pensado para os maiores irá un pouco máis alá, xa que se buscará explicar aquelas características que fan do Ortegal un dos destinos máis atractivos para xeólogos de medio mundo.

Canosa tamén é o autor dunha guía xeolóxica na que están recollidas as sete principais rutas que se deben facer para coñecer a composición xeolóxica da zona, testemuña fiel da antigüedade de lugares como o de Teixedelo, situado moi próximo ao santuario de San Andrés de Teixido e no que, a finais do século XIX, foi localizado o primeiro xecemento de zaratita.

Este traballo documental compleméntase coa instalación de sete paneis informativos, cantidade que será ampliada con catro máis, distribuídos en distintos puntos do recorrido. Por outra parte, hai poucos días o Concello abonou ao autor da guía os 800 euros que o anterior goberno lle debía.

A publicación distribuída pola administración municipal pode ser adquirida tamén na librería La Paz. O Concello ten previsto utilizala como regalo institucional.


Link: Concello de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira ::: Nota de prensa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.33 Segundos