|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 24 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Obras de renovación da zona vella nunha semana |
O día de onte foi, para o alcalde de Cedeira, José
Luis Vergara, un día «moi especial». E dicíao apenas uns segundos logo
de plasmar a súa firma no docmento que recolle os detalles dun dos
proxectos máis ambiciosos aos que se enfronta a vila nos últimos anos:
a renovación da zona vella.
á rúbrica de onte
seguiralle outra firma, a do acta de reformulo. Será o vindeiro venres,
15 de maio. Será entón cando comecen unhas obras que apoiará un
orzamento de case un millón de euros. A
partir da próxima semana, a unión temporal de empresas (UTE) integrada
por Vivendas e Obras Civís e Lancer Proxectos e Obras realizarán, en
palabras do alcalde da localidade, «unha renovación do centro de
Cedeira por arriba e por abaixo». E é que o proxecto, apoiado polo
Fondo Estatal de Investimento Local, inclúe a preinstalación da rede de
gas cidade, «que chegará á cidade nun prazo aproximado de cinco anos»,
explicaba onte o rexedor cedeirense, quen comentou que se trata dunha
das «actuacións máis importantes do proxecto».
A apertura das rúas tamén se aproveitará para que
Unión Fenosa poida realizar a preinstalación do futuro soterramento do
tendido eléctrico, actualmente aéreo e causante «do feísmo de moitas
zonas vellas», aclara o alcalde da localidade.
Tamén
se contempla separar a canalización de augas pluviais e fecais, unha
acción que evitará as inundacións e filtracións que se producen cando
caen fortes precipitacións. Ademais, aos particulares que conten con
traída privada, con canalizacións de ferro e uralita, daráselles a
posibilidade de proceder á súa renovación. Neste caso, o Concello
farase cargo de abrir e pechar o firme.
Tamén por arriba
O
Concello pretende deixar o subsolo de Cedeira «como unha patena»,
segundo o alcalde. Pero tamén actuarán na superficie. O actual formigón
que simula lastro será substituído por placas de granito silvestre, un
firme «máis cómodo e adecuado para o centro». Ademais, o Concello non
descarta colocar na zona vella iluminación desde o chan, segundo
adianta o rexedor de Cedeira.
As obras, que
se alargarán ata novembro, estarán a pleno rendemento durante os meses
estivais, cando a localidade reciba miles de turistas. Sobre isto, José
Luis Vergara indica que «son precisamente estes meses cando en Galicia
resulta máis adecuado facer obras, pois o tempo acompaña. Ademais, ao
formar parte do Fondo Estatal de Investimento Local, as obras deben
concluír antes do 2010». En calquera caso, o rexedor asegura que xa
enviou un escrito aos veciños do centro para «pedirlles perdón por
adiantado polas molestias que poidan sufrir os próximos meses».
Ademais, comprometeuse con eles a que «non cortaremos a auga máis de
doce horas seguidas, pois na zona vella reside moita xente maior que
necesita a auga».
O Concello calcula que as
obras darán emprego a 25 traballadores, a maioría de Cedeira posto que
está previsto que a UTE «subcontrate a empresas locais», estima o
rexedor.
Senda peonil ata Areosa
O
próximo día 15 tamén comezará a construción da senda peonil de Cedeira
a Areosa, igualmente con cargo ao fondo estatal. Neste caso, as obras
correrán a cargo da empresa Proxecta e, cun orzamento de 180.000 euros,
alargaranse durante tres meses e darán emprego a doce traballadores.
Segundo detalla o alcalde, a actual vía contará cunha senda peonil
lateral dun metro e medio de ancho.
Doutra
banda, o Concello aprobou o expediente de contratación das obras de
pavimentación de varias pistas do municipio localizadas nas parroquias
de Régoa, Piñeiro, Cedeira, Esteiro, Cervo e San Román. En total,
traballarase en case dez quilómetros. Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Obras de renovación da zona vella nunha semana" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|