Asunto: Estación de Autobuses de Cedeira
O goberno local do Concello de Cedeira é consciente do deplorable estado no que se atopa a estación de autobuses, tanto o edificio en si como toda a zona axardinada que o rodea e os postes da luz medio caídos que a circunvalan e que representan un serio perigo para toda a mocidade que por alí deambula, que é moita, dada a proximidade do IES e as instalacións deportivas que temo na nosa Vila.
A empresa Arriva Noroeste ten a concesión da mesma ata o trinta e un de decembro de 2016, polo que desde o concello non se pode facer outra cousa que non sexa sinalizar ou recoller todo o que represente un risco potencial e presionar á Dirección Xeral de Mobilidade para que esixa ao concesionario o mantemento das instalacións en bo estado, e niso estamos. Outra cousa será cando o Concello a solicite para si, a finais do ano que ven, se se nos concede.
Por todo isto, fixemos una solicitude desde o Concello de Cedeira á Administración Autonómica, como titular da Estación de Autobuses, se ben a súa explotación se realiza mediante concesión, que se realicen as actuacións pertinentes de mantemento e conservación das instalacións, procedendo á maior brevedade posible a solucionar os desperfectos mencionados neste escrito.
Agradecemos o interese das persoas que poñen no noso coñecemento esta e outras deficiencias que, seguro, iremos correxindo.
Cedeira, a 29 de Outubro de 2015
Asdo.- O Goberno Municipal
Link: Concello de Cedeira :: Goberno Municipal