HEMEROTECA 01/07/2014
GUINDASTRE NO VERÁN
De todos é coñecido,incluso polo equipo de goberno municipal
que no verán a cantidade de xente que reside no municipio aumenta de xeito
considerable e consecuentemente o número de vehículos.
Isto supón un problema tódolos veráns e o que estamos a
comezar máis, pola “humanización” que
supuxo a supresión de prazas de aparcamento,incluso hasta o punto que se está a
pedir a colaboración vecinal para a cesión de fincas para que sirvan de
aparcadoiro diante do caos que se achega.
Dende anova-cedeira pensamos que é fundamental o alugueiro dun
guindastre( para a retirada de vehículos mal estacionados) no verán que
axudaría a solventar este problema.Por unha banda permitiría aos veciñ@s que
pagan os vados que non teñan problemas para facer uso deste, e á policía local, poder desenvolver eficazmente
o seu traballo.
E de paso farianos pensar que non só se multa á xente do pobo
no inverno…
Link: ANOVA - Cedeira