|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 20 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| HEMEROTECA ::: ANOVA Cedeira ( 15 / 05 / 2014 ) |
!!!!!!! HEMEROTECA 15 / 05 / 2014 PP no goberno local !!!!!
NOTA DE PRENSA: ALBERGUE “ LOS PINOS”
Anova
Cedeira, nada máis constituirse, solicitou do concello a concesión dun
local dos varios que pensabamos (e seguimos pensando) que ten, baleiros
ou infrautilizados. De principio, os nosos gobernantes, nin sequera se
dignaron responder, e, cando o fixeron, porque llelo esiximos, aduciron
que nós non somos ninguén (sic) e que se nolo concedían, de seguro que
outras moitas asociacións poderían seguir o mesmo camiño e non habería
para todos.
Pois ben, vimos de enterarnos (somos novatos na política
local) que, estes impresentables, cederon gratuitamente a unha
organización de tan fondas raíces locais como é a OJE ferrolá, un
magnífico local e por un espazo de nada menos que ¡dez anos!, unha
antiga escola unitaria, no lugar da Corredoira (Cervo), para que, como
moito, durante un par de meses de verán a utilicen para actividades
culturais, deportivas e medioambientais. Polo menos, en Anova,
estaríamos encantados de disfrutar de semellante bicoca.
Sempre
pensamos que estas escolas deberían ter sido aproveitadas para usos
sociais d@s cedeires@s, pero xa vemos que hai quen prefire complacer aos
"veraneantes" e desprezar aos veciños que a pesar de todo, é moi
posible, que os sigan mantendo aí.
Cousas da vida, que diría Castelao.
Link: ANOVA Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"HEMEROTECA ::: ANOVA Cedeira ( 15 / 05 / 2014 )" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|