NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 57 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira ::: BOP

PHP-NukeANUNCIO

Designación de membros da Xunta de Goberno Local e delegación de competencias da Alcaldía
.
En cumprimento do previsto nos arts. 46 e 52 do RD 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, faise público que a Alcaldía-Presidencia do Concello de Cedeira o 1 de xullo de 2015 ditou o decreto 315/2015, co seguinte contido:

“PRIMEIRO.- Incoar expediente para a constitución da Xunta de Goberno Local deste Concello.
SEGUNDO.- Designar membros da Xunta de Goberno Local aos Sres./Sras.:
Dª. María José Rodríguez Pérez
D. José Camilo Casal García
D. Manuel Pérez Riola
TERCEIRO.- A Xunta de Goberno Local terá asignadas as seguintes atribucións:
A) A asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas atribucións.
B) As atribucións que esta Alcaldía de forma expresa delega, e que a continuación se expresan:
1) Autorización, disposición e ordenación de gastos e a aprobación das facturas e certificacións de obra que corresponden ao desenvolvemento normal do Orzamento, dentro dos límites que competen ao Alcalde e os expresamente previstos nas bases de execución do Orzamento.
2) Concesión de licenzas urbanísticas.
3) Concesión de licenzas de actividade e de apertura.
4) Aprobación de padróns fiscais e liquidacións de impostos, taxas e prezos públicos.
5) O desenvolvemento da xestión económica de acordo co Orzamento aprobado e a concertación de operacións de tesourería cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento non supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercizo anterior.
6) Contratacións de obras, subministros, servizos, xestión de servizos públicos, contratos administrativos especiais e contratos privados, cando o seu importe non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, a cuantía de seis millóns de euros, incluídas as de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido aos recursos ordinarios do presuposto do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.
7) As adxudicacións de concesións sobre bens e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin o importe de tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio, cando o seu valor non supere o porcentaxe nin a contía indicados.
8) A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación e concesión e estean previstos no Orzamento.
9) A solicitude de subvencións para obras, actividades ou servizos municipais, que competencialmente non estean atribuídas ao Pleno da Corporación.
10) A aprobación da convocatoria, a concesión e xustificación de subvencións outorgadas polo Concello, e a aprobación de convenios de colaboración.
11) A concesión, transmisión ou modificación de licenzas de auto turismo.
12) A concesión de aprazamentos e fraccionamentos de ingresos públicos.
13) A resolución de recursos que se interpoñan contra os acordos en materias delegadas que se teñen detalladas nos apartados anteriores.
C) As atribucións que lle atribúan as Leis.
CUARTO.- Fixar como periodicidade para as sesións ordinarias os luns cada quince días, ás 12:00 horas.
Realizará a súa primeira sesión o luns 06 de xullo de 2015 ás 12:00 horas.
QUINTO.- A Alcaldía poderá revocar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas.
SEXTO.- A Alcaldía poderá avocar en calquera momento a competencia delegada de acordo co que dispón o artigo 14 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.
SÉTIMO.- Da presente Resolución darase conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, notificándose, ademais, persoalmente aos designados, e publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende a súa promulgación, conforme se indica no número 1 do artigo 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e o artigo 52.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.”

Cedeira, 06 de xullo de 2015
O Alcalde
Pablo Diego Moreda Gil


Lino: BOPONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira ::: BOP" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.33 Segundos