|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 6 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira ::: PP ::: Traspaso de poderes |
En Cedeira tampouco se produciu ningún encontro entre o executivo en funcións ( Luis Rubido, PP ) e o entrante, un tripartito de PSOE, BNG e Anova, liderado polo socialista Pablo Moreda (o pleno de investidura será ás 11).
A nacionalista María Xosé Rodríguez reprochou ao PP «as formas do último pleno, nada acertadas, sen tan sequera despedir aos que se van dá corporación». «Vivimos en democracia e hai que aceptar o que sae dás urnas», abundou. A futura primeira tenente de alcalde confía en que este comportamento non se reproduza a partir de agora: «Gustaríame que fose unha oposición política, sen ataques persoais».
O popular Luis Rubido cre que, «nun concello pequeno, o traspaso de poderes fano os técnicos, o funcionariado, a secretaria e o interventor». «Ninguén lles impide (ao novo executivo) entrar e falar co persoal», engade, molesto «porque desde o primeiro momento comunicaron que non querían nada co PP; o que fan (o pacto) é lexítimo e legal, pero que sexa o máis viable para Cedeira, verémolo».
«¿Como creen que se fixo fai catro anos (o traspaso de poderes)?», pregunta.
------------------------- RESPOSTA -----------------------------
HEMEROTECA
Fai catro anos .....
Traspaso de poderes
"
Sr. D. Leopoldo
Rubido Ramonde:
Desexo trasladarlle os nosos parabens polos resultados obtidos nas
eleccións municipais do 22 de maio. Aínda que o trámite democrático da toma de posesión da nova
corporación levarase a cabo o próximo 11 de xuño, póñome á
súa disposición para cantas cuestións estime convenientes, en aras dunha adecuada transición.
A experiencia do relevo nas eleccións do 2007 non me permite coñecer
as súas intencións ao respecto. Naquel momento, quen
subscribe contou coa información do funcionariado.
Agora, se vostede o considera oportuno, ofrézolle a nosa
predisposición a reunirme con vostede e trasladarlle a nosa valoración de cantos asuntos están en curso.
A situación das obras, o estado de execución dos diferentes
plans provinciais, o estado das contas, e cantas cuestións estime, poden ser elementos de conversación. Esta
reunión pode levarse a cabo, ben coa asistencia doutros cargos electos, de funcionarios ou
desenvolverse exclusivamente entre nós. Déixoo
á súa consideración.
De igual maneira, se ten algún
interese en realizar algún tipo de protocolo especial no Pleno de
Constitución da nova Corporación Municipal, pode ser tamén tratada para
que
se desenvolva a gusto de todos e todas, lóxicamente
tendo presentes as esixencias
legais dispostas pra o caso.
Sen outro particular, reiterándolle a nosa predisposición,
quedo á espera das súas novas.
ATENTAMENTE
José Luis Vergara Rey Alcalde en funcións
"
© 2011 - Concello de Cedeira - Alcalde en funcións Dcto. formato PDF: preme aquí
------------------------- FIN RESPOSTA -----------------------------
Link: VONLine
Link: Hai catro anos: Concello de Cedeira - Alcalde en funcións José Luis Vergara Rey
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 4
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira ::: PP ::: Traspaso de poderes" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|