Anuncio exposición pública conta xeral 2014
ANUNCIO
En cumprimento de canto dispón o artigo 212 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas en sesión celebrada o 01 de xuño de 2015, exponse ao público a conta xeral do Concello correspondente ao exercicio 2014 por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.
Cedeira, 04 de xuño de 2015
O alcalde
Luis Rubido Ramonde
Link: BOPONLine