- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 61 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira ::: Goberno PSOE - BNG - ANOVA

PHP-NukeO guion que se atisbou na mesma noite electoral escribiuse e a dereita, que gobernou durante sete dos nove mandatos desde as primeiras eleccións democráticas, en 1979, pasará á oposición en Cedeira. PSOE, BNG e Anova pecharon un pacto de goberno para os próximos catro anos. Pablo Moreda, á fronte da formación máis votada, con tres edís, será o rexedor, mentres que a portavoz nacionalista, María Xosé Rodríguez, ocupará a primeira tenencia de alcaldía, e o líder de Anova, Camilo Casal, a segunda.

En principio, está previsto que só o mandatario local cobre do Concello, cunha dedicación exclusiva. O organigrama inicial inclúe unha ducia de concellarías. A principal novidade radica na área de urbanismo, que xestionará unha comisión executiva, integrada por un representante de cada formación, a proposta do Bloque. Desde o inicio das negociacións, o PSOE expuxo como única condición non facerse cargo deste departamento.

A maior parte das delegacións contarán cun titular e cunha ou dúas persoas máis, do resto dos grupos (nalgún caso incluso militantes que non forman parte da corporación). Con este modelo de concellarías compartidas pretenden «ter máis puntos de vista», como apunta a portavoz do Bloque; e asumir unha toma de decisións «coordinada», segundo Anova.

Á fronte de Medio Ambiente situarase Casal, que tamén dirixirá Servizos Sociais, con axuda da edila nacionalista Manuela López; de Cultura responsabilizarase Rodríguez, con apoio de Manuela López e do número tres do PSOE, Nicolás Vergara; de Educación responsabilizarase Manuela López, que tamén cubrirá a área de Mocidade e Igualdade, con Rodríguez e Vergara; de Deportes, Vergara, con José Antonio Muíño, de Anova; e de Tráfico e Seguridade Viario, Muíño, con Rodríguez.

O socialista Manuel Pérez Riola estará á fronte das delegacións de Obras e Servizos, con Muíño; Facenda; Medio Rural, da man de Casal; e Persoal, coa tenente de alcalde do BNG. O rexedor dirixirá (acompañado de Muíño) unha nova concellaría, dedicada ao mundo do mar, «un órgano aberto á confraría e a toda a xente relacionada con este sector, dentro dás competencias que poda ter o Concello, para que se vexa esa vinculación, que Cedeira é mariñeira», remarcou. As tres forzas reiteraron o seu propósito de constituír «un único equipo de goberno, cun único alcalde». Nesa liña irá o discurso de investidura que lerá Moreda no pleno do sábado, acordado cos seus dous socios.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira ::: Goberno PSOE - BNG - ANOVA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos