O grupo Investimentos Financeiros Moreda S.L., con sede en Foz, solicitou ao Concello de Cedeira «a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (Pxom)) para elevar o aproveitamento urbanístico dunha parcela da súa propiedade de 2.610 metros cadrados (no Beco-Agrochail)», segundo informa o goberno en funcións, do popular Luis Rubido. Asegura que a petición se presentou no rexistro o 20 de maio «e reitera a demanda cursada en 2013».
A aprobación inicial desta modificación figuraba na orde do día do pleno do 26 de marzo de 2014 e foi retirada polo PP ao comezo da sesión «por un informe da arquitecta de última hora», ao que o portavoz socialista, José Luis Vergara, pediu acceder. O goberno cedeirense en funcións asegura que a diferenza «entre unha e outra solicitude do Grupo Moreda é o asinante do escrito». «No seu día -afirman-, os informes técnicos sinalaban que a proposta debía ser formulada polo Concello e non por particulares; que o documento non definía todos os parámetros urbanísticos esixidos, e que era necesaria a obtención de informes dos organismos públicos competentes».
O concelleiro electo do PSOE Pablo Moreda, que podería converterse no próximo alcalde de Cedeira si as negociacións establecidas con BNG e Anova prosperan, quere aclarar que «non» ten relación familiar nin laboral (desde hai anos), cos responsables do grupo citado. E advirte: «A quen pretenda manchar o meu nome ou o dá miña familia levareino ao xulgado».
Lino: VONLine