AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 69 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Programa de apertura de centros fóra do horario lectivo

PHP-NukeA conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, presentou esta tarde en rolda de prensa a orde de convocatoria de axudas para o cofinanciamento do Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo nos concellos galegos para o ano 2009, que sairá publicada mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG). A máxima responsable da Administración educativa galega sinalou que actualmente máis da metade dos municipios de Galicia están desenvolvemento distintas actividades fóra do horario lectivo en virtude destas subvencións, polo que animou á totalidade dos concellos a que se adhiran a esta programa. Laura Sánchez Piñón destacou que a convocatoria deste ano inclúe como novidade unha nova modalidade na que se subvencionarán actividades de conciliación da vida familiar e laboral en períodos non lectivos. Neste senso, a conselleira de Educación sinalou que dentro desta modalidade se poderán desenvolver actividades lúdico-deportivas, de promoción da autonomía persoal e de fomento da creatividade. Estas actividades, destinadas ao alumnado dos niveis de educación infantil e educación primaria, tal e como sinalou Sánchez Piñón, poderán celebrarse en vacacións e/ou fins de semana, nun horario pedagoxicamente adecuado ás idades do alumnado e que favoreza a conciliación familiar.

A participación nesta nova modalidade implica, para os concellos, o desenvolvemento obrigatorio de actividades das outras tres modalidades: A (apoio a actividades saudables e de habilidades persoais), B (apoio á mellora do éxito escolar) e C (prevención e intervención ante o absentismo e abandono temperá dos estudos). Así, na modalidade A deberase seleccionar, como mínimo, unha actividade destes ámbitos: apertura de centros antes do horario lectivo; actividades para os tempos de comedor escolar; e actividades posteriores á finalización do horario lectivo. O alumnado de educación infantil e primaria será o destinatario destas actividades, que incidirán en aspectos lúdico-creativos, na promoción de hábitos saudables, no desenvolvemento de comportamentos adecuados nos tempos de almorzo e xantar; e na potenciación de habilidades sociais, autoestima e autonomía persoal.
Mellora do éxito escolar e prevención do abandono

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria indicou que, dentro da modalidade B (apoio e mellora do éxito escolar), os concellos participantes seleccionarán, como mínimo, tres destes ámbitos: aulas de acompañamento e reforzo educativo, competencia matemática, competencia lingüística, competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico, competencia dixital, competencia cultural e artística, competencia social e cidadá, competencia en aprender a aprender, e autonomía e iniciativa persoal. Neste senso, Sánchez Piñón salientou que na convocatoria de 2009 estas actividades farán fincapé nas competencias básicas contempladas na Lei Orgánica de Educación (LOE) e propostas pola Unión Europea. Os destinatarios das mesmas son alumnos/as de 3º ciclo de educación primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Por último, a modalidade C (prevención e intervención ante o abandono temperán dos estudos) permitirá aos municipios participantes desenvolver as seguintes actuacións recollidas nestes ámbitos, debendo seleccionar, como mínimo, un deles: actuacións dirixidas á prevención e intervención ante o absentismo escolar, asesoramento e orientación para o retorno educativo, redes de apoio multidisciplinares para a resolución pacífica de conflitos, e habilidades sociais. Estas actividades irán dirixidas a mozos e mozas de 16 a 24 anos. Así, a conselleira de Educación subliñou que os concellos garantirán a conservación das instalacións educativas das que fagan uso, contarán cunha persoa coordinadora xeral do programa para o conxunto dos centros participantes e porán a disposición da comunidade educativa os medios precisos para o desenvolvemento das mesmas. A máxima responsable da Administración educativa galega indicou que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ademais, Sánchez Piñón salientou que na convocatoria de 2009 o orzamento ascende a preto de 3 millóns de euros, mentres que en 2008 a Consellería de Educación destinou 2.450.000 euros a esta acción, o que supón un incremento de máis do 20%.

 Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Programa de apertura de centros fóra do horario lectivo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.30 Segundos