- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 77 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 EU Cedeira ::: Comunicado

PHP-NukeCOMUNICADO DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA – OS VERDES DE CEDEIRA REXEITA AS DECLARACIÓNS DO ALCALDE QUE TEIMA EN AGOCHAR A REALIDADE DA CONTAMINACIÓN DAS AUGAS DO RÍO, PRAIA E RÍA DE CEDEIRA, EVITANDO ASUMIR RESPONSABILIDADES


ESQUERDA UNIDA APOSTA POLO SANEAMENTO INTEGRAL DAS AUGAS RESIDUAIS EN CEDEIRA

O CANDIDATO Á ALCALDÍA DE EU-V CEDEIRA, ALEJANDRO DEL RÍO, DEFENDE QUE “NÓS INCLUÍMOS NO PROGRAMA ELECTORAL PROPOSTAS PARA RESOLVER OS PROBLEMAS DE CONTAMINACIÓN QUE AFECTAN TANTO AO MEDIO AMBIENTE COMO Á SAÚDE DOS BAÑISTAS, INFORMANDO VERAZMENTE Á VECIÑANZA”


A postura do goberno local do Partido Popular, teimando en minimizar o problema cando a xente pode ver, ulir e sentir a fedorenta realidade das augas do río Condomiñas, praia e ría de Cedeira, no canto de asumir responsabilidades, é inadmisible e supón unha burla ao pobo.

Non se pode mentir dicindo que “a auga é apta para o baño” cando a Consellería de Sanidade ven de declarala “insuficiente”, como todos estes anos, por mor da pasividade das autoridades.

Cómpre lembrar que o ano pasado, malia a pésima calidade das augas e episodios de bolas fecais e graxa, sorprendentemente foi declarada “suficiente”. Quizáis teña moito que ver que ao ser o quinto consecutivo terían que “prohibir permanentemente o baño ou recomendación de absterse do mesmo” segundo a normativa vixente.

Agóchase tamén a realidade de que a principal causa da contaminación reside na obsoleta estación de bombeo a cal, según fontes solventes, está no ámbeto competencial do propio Concello de Cedeira, polo que de ser así non se pode fuxir das  responsabilidades: quén contamina paga.

Polo dito, dende Esquerda Unida de Cedeira propoñemos medidas para pór fin dunha vez a este grave problema medioambiental e de saúde pública:

-    Un estudio independente que determine se a depuradora ten a capacidade necesaria así como propor as obras novas e reformas oportunas nela, na estación de bombeo, na rede de colectores municipais e na separación de augas pluviais de residuais.

-    Executar as medidas resultantes do estudio, evitando desbaldir os fondos de compensación medioambiental e outros en adornos prescindibles, presionando á Administración para dotarnos de medios semellantes a vilas equivalentes a nós como a depuradora de Ares, moi superior á de Cedeira.


Cedeira, 5 de maio de 2015
ESQUERDA UNIDA – OS VERDES DE CEDEIRA



Link: EU Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"EU Cedeira ::: Comunicado" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.31 Segundos