|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 13 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| ANOVA Cedeira :::: Comunicado |
“MENTIROSOS,IGNORANTES OU ACTÚAN DE
MALA FÉ”
Diante destas últimas declaracións do Sr.Alcalde, D.Luís
Rubido desde anova -cedeira queremos difundir o seguinte comunicado:
1.-Anova -cedeira na súa asamblea local do vindeiro domingo
día 1/03/15 decidirá si emprende accións legais polas acusacións contra esta
agrupación por parte de D.Luís Rubido.
2.-Sobre a acusación de MENTIR
no relacionado coa recollida de
sinaturas sobre a sanidade, decir que en ningún momento “se recolleron
sinaturas en base a unha premisa falsa”, xa que antes de afirmar iso deberíase
ler o texto que precedía ás sinaturas no que non se cita en ningún momento que non se vai a cubrir a plaza do médico que
se xubila, e que a continuación se reproduce textualmente:CANDO SE PRODUCE A BAIXA DE UN MÉDIC@ NON SE CUBRE. SE SON DÚAS, E HAI SORTE (nas pasadas vacacións de NADAL non a houbo), mandan un sustituto a MEDIA XORNADA. CONSECUENCIAS
1.- PEOR ATENCIÓN AOS PACIENTES E MÁIS ESTRÉS PARA O PERSOAL SANITARIO. 2.- PACIENTES QUE NON PODEN SER ATENDIDOS E VAN POLA TARDE A URXENCIAS. 3.- FRECUENTES COLAPSOS. A ESPERA QUE SE FAI ETERNA E QUE SE AGRANDA SE O ÚNICO MÉDICO DA TARDE TEN QUE SAÍR A ATENDER UNHA URXENCIA DOMICILIARIA incluso en Pantín, Vilarrube e outras zonas de Valdoviño. 4.- LISTAS DE ESPERA DE ATA UNHA SEMANA!!! Algo inaudito en atención primaria. A maiores, tampouco contamos con un especialista en PEDIATRÍA. ESIXAMOS DESDE XA,ESTAS E OUTRAS MELLORAS !!! O GOBERNO MUNICIPAL TEN QUE MOVERSE E DEIXAR DE POÑERSE DE PERFIL!!!
De tódolos xeitos, recoñecemos
o “grande” esforzo do Sr. Alcalde de contactar co sergas despois de recibir as
800 sinaturas (un traballo impagable).
3.-Sobre a acusación de “IGNORAR OU ACTUAR DE
MALA FÉ” no referente á suba dos impostos no lixo, imposto sobre vehículos
e a taxa de ocupación de terreos públicos con fins lucrativos, expresar que:
a) Sobre o
lixo : o seguinte texto fala por sí só…
© 2015 ANOVA Cedeira b) Sobre o imposto sobre vehículos: cando o PP chega ao poder no 2011,un vehículo de gama media pagaba por este concepto 86,33 euros. No 2012 súbeno a 93,52 euros, cantidade que manteñen no 2013 e 2014 para volvelo subir no presente ano 2015 (BOP 31/12/14).
c)Sobre a taxa por ocupación de terreos públicos: a continuación reproducimos un anaco da ordenanza asinada polo alcalde o día de fin de ano pasado, no que se reflexa o xa coñecido, de que os locais que teñan 3 mesas todo o ano pagarán 360 euros e por unha tarima de 12 metros cadrados 1440 euros.
Concepto Por cuatrimestre Por mesa, cada unha das tres primeiras 40 euros Por ocupación de espazos na calzada,por m2 ou fracción 40 euros
Por todo o anteriormente exposto, solicitamos ,en principio, unha rectificación pública, xa que o “intento” de difamación non é gratuito…
Link: ANOVA Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 2
| |
Opciones | |
|
"ANOVA Cedeira :::: Comunicado" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|