- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 11 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A "conxura" de La Voz contra a operación Pokémon

PHP-NukeA xuíza Pilar de Lara acusa ao xornal do Grupo Voz de “publicar información inveraz” para desprestixiar publicamente ao funcionario que denunciou irregularidades e desacreditar tanto “a testemuña como o resultado da instrución”. A maxistrada lembra no seu auto a relación entre varios imputados na causa e o xornal coruñés, e o pasado de Carlos Negreira como director dos servizos xurídicos e de recursos humanos no grupo.


“A la luz de lo acontecido, parecen fundadas las sospechas de los defensores de Antonio Pérez Cribeiro acerca de la posible connivencia entre funcionarios policiales que pudieran haber filtrado irregularmente el atestado policial a La Voz de Galicia, y algún profesional de este medio de comunicación que aprovechándose del incidente, utiliza dicha información según sus propias conveniencias, pues no duda en alterar la verdad de lo acontecido para tratar de esta forma de desacreditar la credibilidad del testigo”. Nun máis que extenso e argumentado auto, a xuíza Pilar de Lara concedeu, tal e como xa informou GC, a condición de testemuña protexida a Antonio Pérez Cribeiro, xefe de Bioloxía no Acuario da Coruña e peza clave na investigación da suposta trama de corrupción coñecida como operación Pokémon.




© 2015  APC - XL
Dcto. orixinal AUTO (PDF): preme aquí


De Lara investigou a detención de Pérez Cribeiro en Ferrol, considerada "inxustificada e desproporcionada" polo seus avogados, e a posible relación coa investigación da operación Pokemon e cunha campaña de acoso contra este traballador tras denunciar as irregularidades nas concesións do concello da Coruña ao Grupo Vendex. Tamén indagou o que a defensa de Pérez Cribeiro define como “ensañamiento” de La Voz de Galicia co seu cliente.
 
Nos seus fundamentos de dereito, a xuíza expon que os xornalistas de La Voz, que segundo declararon ante a xuíza tiveron coñecemento do atestado polo delegado do xornal na Coruña (Francisco Espiñeira) a pesar de que a detención tivo lugar en Ferrol, publicaron información falsa: “Lo más grave es que al tiempo de la elaboración del artículo, los periodistas N.S. e X.G., sí que ya disponen del atestado policial que les hubiera permitido ofrecer una información objetiva, imparcial, suficientemente contrastada y veraz de lo acontecido, lo que disiente sin embargo de la información finalmente difundida, que en absoluto se acompasa a la realidad de dicho atestado”.
 
Con certa ironía, a xuíza enumera todos os “datos inveraces y manifiestamente falsos”: unha suposta detención, un suceso á medianoite, chamadas de alerta dos viandantes, ameazas con pistola, liorta cos policías... nada diso aparece no atestado policial. “Al margen de ser los datos publicados inexistentes en el atestado y por tanto falsos a la luz de la información oficial de la que disponía el reportero, lo que sin duda alguna más llama la atención es la sospechosa coincidencia entre tales datos y la versión ofrecida, ocho días más tarde, por los agentes de la Policía Local en su informe de 9 de noviembre, lo que lleva a pensar en la existencia de una posible confabulación”.
Os contactos cos imputados na Pokémon
E para argumentar a gravidade da súa denuncia, a xuíza Pilar de Lara enumera feitos relevantes que aparecen no sumafrio e que “no deben perderse de vista”: Emilio Martínez, xefe da Policía Local de Ferrol, estivo ata 2013 ás ordes de Julio Flores, número dous no concello da Coruña e man dereita do alcalde Carlos Negreira imputado na causa, e recoñeceu ante a maxistrada ter recibido agasallos de Vendex; unha conversa no sumario entre José María Tutor, delegado do Grupo Vendex en Galicia, e Susana Portabales (xefa de Cultura no concello) na que falan da paralización por parte do alcalde dunha nova crítica en La Voz de Galicia; e finalmente o pasado laboral do alcalde Carlos Negreira no Grupo Voz: director dos servizos xurídicos do xornal e director de recursos humanos de todo o grupo coruñés.
 
Nas propias verbas da maxistrada: “Otro punto que en este entramado no debe perderse de vista son las relaciones aparentemente existentes entre los delegados del Grupo Vendex y varios funcionarios y autoridades del ayuntamiento de Coruña, así como entre varios imputados en la causa y el diario La Voz de Galicia”.
 
Segundo recoñeceu na súa declaración ante a titular do xulgado número 1 de Lugo o xornalista X.G., e dada a escasa trascendencia do suceso, este tiña interese pola identidade do suxeito, e a súa posición de testemuña na causa na que están imputados varios cargos políticos próximos ao xefe de policía local de Ferrol, Emilio Martínez. A xuíza desmonta un artigo aparecido no xornal coruñés o 2 de novembro co título "Un testigo primordial de Pilar de Lara, en entredicho", cheo de conxeturas, o que lle leva a concluír que "existe una especie de conjura para perjudicar al testigo" 
 
Nos seus fundamentos de dereito, a xuíza alerta sobre certos excesos dos medios que inflúen de xeito negativo nun proceso penal en marcha e lembra que "la protección constitucional del derecho y del deber de informar se encuentra en la INFORMACIÓN VERAZ". E engade de xeito xenérico: "En ocasiones los medios de comunicación pueden convertirse, incluso de forma involuntaria, en instrumentos del poder empresarial o político para desvirtuar los resultados de las instrucciones judiciales, desprestigiar a los investigadores o a los jueces o fiscales, o estigmatizar a las personas que han colaborado con las autoridades judiciales".

Link: Galicia Confidencal ::: APC



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A "conxura" de La Voz contra a operación Pokémon" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos