- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 22 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Inmobiliaria :::::: Concello de Cedeira

PHP-NukeOs constructores sacan ao mercado os primeiros pisos para xente maior

A crise pola que atravesa o sector da construción e a carencia de recursos,, ( ????) por parte da administración de Cedeira, foron os detonantes da simbiosis creada entre empresarios locais e o Concello local pola que ambas partes colaboran no que pasou a denominarse "Residencial Cedeira".

O proxecto, do que agora arrinca a súa primeira fase, consiste en cubrir a carencia que a día de hoxe existe na vila con respecto a vivendas adaptadas para as persoas maiores mentres que os constructores teñen a posibilidade de poñer no mercado inmobiliario pisos para os que actualmente non existe demanda.

O inmoble en cuestión localízase na rúa Capela e dispón, ademais de vivendas en réxime de aluguer adaptadas ao colectivo da Terceira Idade, dunha completa oferta de servizos comunitarios.

Entre outros, segundo se informa desde o consistorio, de comedor comunitario con cociña caseira, sala de estar compartida, salas de consultas e de servizos comunitarios, lavandería, gimnasio, garaje, ascensores, zona wifi, timbres en cada dormitorio e calefacción. Tamén se está barallando a posibilidade de completar a oferta poñendo en funcionamento unha barbaría.

O equipo de goberno informa de que xa está aberto o prazo para aquelas persoas interesadas na iniciativa e, en función da demanda, o proxecto irase materializando, tal e como se explica desde o Concello.

Así, o departamento de Servizos Sociais informará sobre os detalles de "Residencial Cedeira", unha demanda que tamén se pode consultar a través do correo electrónico (residencialcedeira@gmail.com) e o número de teléfono (609 73 72 65).

O alcalde de Cedeira, Luís Rubido, sinalou que o Concello tomou como referencia a fórmula implantada con éxito en diferentes países como Holanda, Alemania ou Reino Unido. Por outra banda, anunciou que os potenciais beneficiarios desta primeira fase serán persoas maiores de 60 anos empadronadas no municipio e con plena autonomía persoal, tanto física como mental.

Rubido tamén apuntou que a iniciativa favorece as relacións persoais, garante a permanencia dos maiores na súa contorna e contribúe a crear emprego.


© 2014 Residencial Cedeira


Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Inmobiliaria :::::: Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.23 Segundos