NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 28 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::

PHP-Nuke" O ALCALDE LEVANTA OS REPAROS Á SÚA XESTIÓN POR DECRETO "



        O alcalde vese obligado a dictar resolucións para “levantar os reparos” que os funcionarios da área económica lle fan á súa xestión. Estas resolucións que teñen carácter público, pero que non se publican (o goberno local que saia das eleccións de maio, debería resolver esta deficiencia) apuntan por onde veñen os tiros, pero non veñen acompañadas dos correspondentes informes de reparo. Sin embargo servennos para tirar do nobelo. Os Socialistas pediremos os informes que se omiten e expoñerémolos ao público. Pero algo podemos entresacar das alegacións do alcalde.

        Temos a sensación de que canto máis miramos contratacións, obras ou facturas, máis nos afundimos nun lodazal que, os que confiamos ainda na Xusticia en Galicia, pensamos que non tardará en obligar ao alcalde e concelleiros, que conforman os órganos de decisión do Concello de Cedeira, a responder diante dos tribunais. Nada do que se mire na xestión de Rubido, está libre de tufo. Desde as decisións urbanísticas, ata a contratación de persoal pasando polos contratos de obras. Todo fede no goberno do PP.

       Según expresións textuais   das sucesivas resolucións do alcalde levantando reparos, o Sr. D. Luis Rubido reafírmase en decisións que adolecen de “ausencia de adxudicación ou inconcreción dos conceptos facturados ou fraccionamento de contratos” en facturas cuxo monto total supera os 23.000 euros.

       No caso das facturas da I EXALTACIÓN DO PERCEBE DE CEDEIRA,  motívase o reparo na “omisión respecto de importes desglosados e en discrepancias respecto da procedencia ou exención do IVE en conceptos facturados” argumentando que “están exentas as actividades formativas” (sic).  En términos cedeireses, para que todos nos entendamos, diríamos que fixeron a factura “a rumbo”.

       Tamén é merecedora de reparo a prórroga do programa de becas de formación que os alcaldes Rubido utilizaron para suplir irregularmente as deficiencias de atención ás necesidades administrativas, noutrora explicitadas por nós en distintos plenos. As becas non poden substituír aos postos de traballo. É un fraude aos traballadores, á cidadanía e constitúe unha explotación dos becarios.

       Non se escapa tampouco de irregularidades a contratación do servicio de bicicletas que anunciaron a bombo e platillo. Ao Sr. Rubido parécelle que “non se vulnera a competencia efectiva” onde o funcionariado denuncia como “incompatibilidade especial dunha das empresas invitadas e dúbidas respecto de outras”.

       Pediremos tamén os informes que reparan de forma manifesta as facturas da MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO ALUMEADO EXTERIOR (INEGA 2014) por “omisión de trámites e requisitos esenciais na tramitación do expediente, pola existencia de un modificado respecto do contrato orixinal sen a preceptiva tramitación”, outro novo modificado (Xunqueira, Floreal, Plaza de Galicia…) que neste caso incrementa o custo inicial en 13.744,81 euros.

JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz


Link: PSdeG-PSOE



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos