A “DES-INFORMACIÓN”
MUNICIPAL
Na actualidade,fálase de vivimos na “era da
información”,pois ese concepto aínda non chegou ao noso concello, que vive
dentro do oscurantismo e a falta de transparencia permanente.Afirmamos isto de
xeito rotundo paseando pola vila ou consultando a páxina web municipal.
O gran panel informativo situado ao
pé da rotonda, xa hai varios meses que non funciona e despois dunha tempada que
lucía o titular de “panel en obras”,apagouse de xeito permanente…
Tan lamentable ou máis e a situación da
páxina web municipal na que, a parte de figurar o idioma castelán como
predeterminado,unha vez que entramos, empezan os despropósitos
.-No apartado de “axenda”, onde
figuran os meses do ano coas supostas actividades a desenvolver nas diferentes
datas, o pasado mes de novembro e o actual de decembro(entre outros),aparecen
baleiros…
.-No apartado do boletín “en marcha”,
a última publicación foi de marzo de 2014…se cadra desde aquela non se está a
facer deporte en Cedeira…
.-No apartado de “proxectos”,o último
que figura ten data do 19 de xullo… se cadra teñen vergoña expoñer os proxectos
(normalmente para os seus amigos) que están a desenvolver actualmente… ou non
teñen ningún e todo o fan improvisando…
.-No apartado de “actas de plenos”,
non figura ningunha do ano 2014 que estamos a piques de rematar…
Todo o anteriormente exposto, refrenda a
nosa nota de prensa sobre a opacidade no alugueiro das instalacións municipais
nas que nos remiten a pedirlle explicacións ao interventor para obter
información.Tamén se nos reprocha que debemos asinar “con nome e apelidos” os
comunicados…e como di o refrán, “pensa o ladrón que todos son da súa
condición”,xa que non se dan conta que tódolos comunicados son aprobados pola
asemblea local de anova-cedeira…
Link: ANOVA Cedeira