- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 61 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Daniel Formoso: "Con esta prepotencia non se vai a ningún lado"

PHP-NukeA Cofradía de Pescadores de Cedeira acusa á Federación Provincial de Cofradías de Pescadores da Coruña de excluíla do Consello Galego de Pesca, onde aspiraba a ter un posto na comisión de artes fixas. A patroa maior do pósito, Lucía Villar, representante legal da sociedade Villar Arribí ::::::::( +info:preme aquí ) :::::::, considera que a federación debería escoller un representante de Cedeira para este grupo (formado por tres titulares e tres suplentes). Villar fai referencia ao número de barcos que utilizan este tipo de redes e argumenta que os tres elixidos (Ribeira, Laxe e Muxía) suman trece embarcacións fronte ás 19 da cofradía de Cedeira. "Eles baséanse en que non teño experiencia porque levo moi pouco tempo no cargo", explicou, e engadiu que a súa solicitude de "polo menos" un posto de suplente foi tamén rexeitada.

A federación provincial, pola súa banda, desmente a versión de Villar e afirma que intentaron chegar a un consenso coa cofradía de Cedeira. "Un dos suplentes (o pósito de Lorbé) ofreceulle o seu posto para evitar as votaciones, pero opuxéronse", declarou a vicepresidenta da federación coruñesa, María José Crespo. "Logo de votar e de perder con gran diferenza, intentaron volver negociar co representante de Lorbé pero este xa non quixo cederlles o posto", explicou.

A cofradía de Cedeira denuncia un "boicot" por parte da federación, ademais do "trato discriminatorio" aos representantes que entran a formar parte dela por primeira vez tralas eleccións de xuño. "Mandei un escrito antes de que se reunise o comité porque xa vía vir a situación por diversos rumores e comentarios. Recomendáronme que o fixese porque me ía a quedar fóra", afirmou Villar. A patroa cedeirense cre que puideron existir presións para que a súa pósito non estivese representado no consello. "Ela cre que hai xente que presionaba, pero a min ninguén me dixo que tiña que votar. Si foi elixida patroa maior, é porque á xente de Cedeira pareceulle ben, pero logo desta votación ten que aceptar que os pósitos escolleron outras opcións", indicou Crespo. "Cando chegas nova a un sitio, primeiro tes que darche a coñecer", engadiu.

O presidente da federación provincial da Coruña, Daniel Formoso, descartou calquera tipo de presión nas votaciones e afirmou que estas situacións incomódanlle. "Eu coñecina [en referencia a Lucía Villar] hai pouco tempo e non sei si é boa ou mala, pero non teño nada no seu contra. Houbo unhas votaciones logo de non chegar a un consenso e ten que asumilo", declarou.

A Cofradía de Cedeira estuda agora a posibilidade de abandonar a federación ao sentirse "discriminada e silenciada". "Sería a primeira vez que se marcha unha cofradía da federación e máis cunha patroa maior que leva só dous meses no cargo", indicou Formoso. "É unha decisión súa, pero quedaríanse sos. Con esta prepotencia non se vai a ningún lado", sentenciou.

O Consello Galego de Pesca está formado por representantes da Xunta, das cofradías (das tres federacións) así como por portavoces sindicais.

Link: ODONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Daniel Formoso: "Con esta prepotencia non se vai a ningún lado"" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos