|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 22 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| ANOVA Cedeira ::: AS BECAS , UNHA PRIORIDADE |
AS BECAS , UNHA PRIORIDADE
Nos presupostos do concello para o ano 2014
(aprobados a finais do pasado ano) figuraba unha partida de 10.000 euros para
becas de estudo e material escolar.
Xa pasaron os meses de setembro e outubro (os
máis duros para as familias con fillos en idade escolar, ao ter que afrontar os
gastos da volta á escola) e as becas non aparecen…
Entendemos que se trata de falta de
planificación,ou o que é o mesmo,de improvisación, como veñen demostrando ao
longo da lexislatura,ultimamente facendo coincidir a festa do percebe no mesmo
mes que o samaín.
Normalmente na nosa vida temos que “ priorizar
”á hora de tomar decisións e xa sabemos cales son as prioridades do sr.
Alcalde: pintar os balaústres do río, facer un parque para os patos ou un
embarcadoiro para piraguas entre outras.
En anova pensamos que a prioridade son as
persoas e colaborar coas familias para poder satisfacer as necesidades
primarias, polo tanto, queremos facer un chamamento urxente aos gobernantes
municipais para que cumpran a súa palabra e na maior brevidade posible, concedan esas
becas ,si é que o teñen pensado facer…
Link: ANOVA Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"ANOVA Cedeira ::: AS BECAS , UNHA PRIORIDADE" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|