AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 24 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::

PHP-NukeASUNTO: INCLUSIÓN DE MOCIÓN NA ORDE DO DIA DO PRÓXIMO PLENO ORDINARIO


De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de CEDEIRA desexa someter á consideración do Pleno a seguinte Moción, por: INSTAR AO GRUPO DE GOBERNO A PROMOVER A XESTIÓN SOCIAL DA CAFETERÍA DO AUDITORIO.

ARGUMENTAN

      Que, se como reflicte a prensa o PP pretende levar a cabo obras por valor de 73.000 euros no edificio do auditorio, coa finalidade de facer nestas instalacións municipais o centro de día de xestión privada, debe ser conscente de que todo o mundo sabe que a auténtica pretensión do grupo de goberno é a expulsión dos maiores da cafetería. Incluso o grupo que goberna na actualidade Cedeira sabe que nin este é o sitio, nin os cartos son nada para afrontar unha infraestructura destas características.

       Que toda Cedeira sabe que detrás da expulsión dos maiores, atópase a ansia privatizadora desta dereita contumaz. Pero non do centro de día que saben que non será, senón duns magníficos servicios de cafetería restaurante, para os que xa teñen propietario. A estratexia do alquiler aos seus familiares obedece a esta pretensión. Se alguén pensaba que o PP non era capaz de pensar a longo plazo, equivocábase. Para estas cousas, sí teñen tempo, ganas e cualidades.

        Que as potencialidades das instalacións do auditório con fines recreativos, socializadores ou culturais son extraordinarias e absolutamente transversais. É nestes proxectos en torno aos que hai que canalizar os esforzos, introducindo novas atividades de titularidade pública que melloren de forma efectiva a calidade de vida dos maiores que van desde servicios de perruquería ata atividades de mantemento, biblioteca, internet, etc.

 SOLICITAN

1.      Se reorienten as inversión de 73.000 euros aos seguintes fins, entre outras opción a consensuar coa xente de idade.

2.      Se promova a xestión da cafetería pola asociación de maiores, permitíndolles, entre outros, o uso das instalación de cociña e cafetería.

3.      Se lles proporcionen por parte do Concello os servicios de limpeza,  mantemento, electricidade e calefacción e todos aqueles necesarios para conservar en boas condicións este ben público.

4.      Se impulsen novas actividades tendentes ao disfrute e mellora das condicións persoais da xente maior, actividades da memoria, mantemento físico, excursionismo, actividades culturais, obradoiros, solidariedade social,…

5.      Se dote de medios audiovisuais, informáticos e bibliográficos.

6.      Se dote de mobiliario, en gran parte trasladado ao centro alugado da Plaza Roxa.

7.      Se implanten servicios de atención hixiénico-estética para a terceira idade.

8.      Se estableza unha corrente de diálogo periódica entre os servicios do Concello e a asociación de maiores. Propomos a creación dunha nova concellería exclusivamente adicada á este fin.

En Cedeira, a 6 de novembro de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz do Grupo Municial


Link : PSdeG-PSOE Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.32 Segundos