CENTRO DE DÍA NO PALACETE
Como xa
comunicamos con anterioridade
e queremos seguir insistindo en que, para anova-cedeira , a mellor opción é a
de acondicionar o palacete como centro de día. As razóns son múltiples xa que
non se necesitaría unha grande inversión económica, ten unha ubicación ideal e unha superficie
axardinada para disfrute d@s usuari@s.
Esta idea choca coa dos partidos ata agora maioritarios,que
pretenden ubicalo no auditorio (pp) e no actual centro de saúde (psoe). A este
respecto pensamos que cos cartos que pretenden gastar no “ novo centro de saúde”(2,5
millóns de euros), poderíase levar a
cabo a doble obra do centro
de día e a de reformar o actual centro de saúde (arranxo do tellado , redistribución da entrada na planta baixa,
adaptar as escaleiras para que resulten accesibles ás persoas con mobilidade
reducida, sustitución do ascensor por outro con espazo para unha padiola)
Polo tanto pensamos que tanto pp coma psoe deberían de
racionalizar os recursos e non pensar en fins electoralistas, se non, nas
mellores opcións para prestar estes
servizos básicos á veciñanza.
P.D: Por suposto cunha xestión pública...
© 2014 - ANOVA Cedeira
Dcto. orixinal (PDF):
preme aquí
Link: ANOVA Cedeira