O Concello de Cedeira creará un Espazo Xove na
antiga sala Áncora do parque Sagrado Corazón. O goberno local investirá na
recuperación do local uns 50.000 euros para dotalo do equipamento e
infraestruturas necesarias que o convertan en «un punto de encontro para os máis novos», segundo anunciou o alcalde cedeirense Luis Rubido.
O rexedor avanzou a próxima contratación dos traballos co obxectivo de finalizar a actuación antes de finalizar o ano.
Os novos usos proxectados para este espazo van
desde talleres de arte alternativo a pequenos concertos, así como cursos
formativos, proxeccións ou conferencias. Tamén servirá como local
auxiliar de cara ás celebracións patronais, xa que se dotará de dous
camerinos con ducha e aseos adaptados.