AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 33 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PSdeG-PSOE CEDEIRA

PHP-NukeASUNTO: COMUNICADO
      “A CONTAMINACIÓN DO RIO E DA MAGDALENA TEN SOLUCIÓN”


        No pasado pleno do Concello de Cedeira, celebrado o 30 de xullo, o noso grupo, unha vez máis reitroulle ao PP, en forma de preguntas sinxelas, a nosa profunda preocupación ante as graves crises de contaminación que está a sufrir o Condomiñas e, como consecuencia a Magdalena.
       A pereza do alcalde, a ausencia de información, a falta de medidas xudiciais contra os responsables da depuradora, ou as carencias orzamentarias para continuar coas melloras do saneamento realizadas polo noso equipo de goberno, son motivos sobrados para a inquedanza, e polo tanto así llo trasladamos ao Sr. Luis Rubido.
        Coma sempre, ninguna das cuestións foi contestada con rigor polo PP. Coma sempre, o PP esquece que é goberno, sitúase no papel de mala oposición e pon en marcha o ventilador. Por un lado abandona as súas obrigas limitándose a ver chover e por outro a xustificarse co “y tú más”.
       Frente á actitude irresponsable do actual goberno local, máis que nunca necesitamos insistir de novo en medidas que afronten este gravísimo problema, na idea de que quenes representamos unha parte do electorado e aspiramos a dirixir os destinos de Cedeira, debemos por solucións enriba da mesa, a saber:
     1. Creación dun sistema de control e vixianza da saúde das augas libres do municipio, mediante analíticas que, ao noso modo de ver debe afrontar a empresa concesionaria da xestión municipal do saneamento, a antigua ACUAGEST e non conformarnos con informes alleos ao propio concello. Expoñer públicamente os resultados nos puntos de información habilitados a tal efecto.
     2. Iniciar accións legais por delito ecolóxico contra os xestores da EDAR de Cedeira. Cremos que a Depuradora está ben construida e ben dimensionada para recibir as augas sucias. Non podemos aceptar que con seca, se produzan vertidos. A culpa non é da máquina, senón de quen a manipula. De todas formas, chegados a esta situación, debería someterse á planta a unha auditoría que certificase a boa imaxe que nós temos dela.
    3. Continuar os proxectos de rede separativa de pluviais e fecais que foron línea capital do equipo que presidimos. Precisamos de plans de execución dos
proxectos de saneamento que deixamos sobre a mesa dos actuáis mandatarios locais a curto, medio e longo prazo.
        Sirva a modo de exemplo que, dos 200 millóns das antiguas pesetas, que a excesiva carga impositiva deixou de remanente nas arcas do concello no ano 2013, Rubido non adica un solo euro a seguir mellorando a rede separativa. Temos que dicir que nós utilizamos os chamados Plans Zapatero, entre outras melloras, en construir a rede separativa da Vila Vella e da Area, e con fondos da Deputación Provincial, a rúa López Cortón, Avenida da Area, Pitillera, Pontes de García Rodríguez, etc.
     4. Implicar ás autoridades de Augas de Galicia, da Xunta de Galicia, na solución das deficiencias do sistema de saneamento.
  a. Poden facelo mediante proxectos de separación das augas pluviais e fecais como se fixo na Rúa do Mariñeiro, Ezequiel López e Avda de España que financiou íntegramente a Xunta de Galicia.
  b. Poden facelo mediante a construcción dun tanque de tormentas que almacene o aluvión nos episodios de treboadas para tratalo de forma controlada con poesterioridade ás mesmas.
  c. Poden facelo demandándolle a Augas de Galicia que recuperen o emisario submarino que, como solución de emerxencia sempre será menos mala que a de verter directamente no rio Condomiñas.
     5. Advertir ao pobo cada vez que se produza un episodio de contaminación, establecendo unha serie de protocolos incorporados no Plan de Emerxencias Municipais, elaborado de forma altruista por cidadáns, durante o anterior mandato. A medida máis evidente é a de izar a bandeira vermella, prohibindo o baño.
       O primeiro de agosto do 2010, frente a unha situación moito menos grave, izamos a bandeira vermella, por responsabilidade, conscientes, sin embargo que sólo desde a responsabilidade se consigue o crédito da cidadanía.

En Cedeira, a 05 de agosto de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


© 2014 - PSdeG-PSOE Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"PSdeG-PSOE CEDEIRA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.38 Segundos